El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Medio Rural repartirá folletos para informar sobre a normativa que establece faixas de protección ante os incendios

As multas poden alcanzar dende os mil euros ó millón

04-12-2006

A Consellería de Medio Rural vén de editar uns folletos informativos para que os cidadáns coñezan a nova normativa sobre as faixas de protección de cara á prevención dos incendios forestais. Os trípticos recollen as prohibicións de carácter xeral, como botar mistos ou cigarros en terreos con risco de incendio, facer fogueiras fora das zonas habilitadas, así como as posibles sancións destas regras. As multas polo incumprimento da normativa poderían alcanzar desde os mil euros das infraccións leves até o millón de euros das infraccións máis graves. O departamento de Alfredo Suárez Canal lembra nestes folletos diversos aspectos sobre as zonas de alto risco de incendio, a regulación das repoboacións forestais e as faixas de protección. Esta Consellería considera que é preciso o apoio dos propietarios de terras e a implicación de todas as administracións para evitar o perigo dos lumes no núcleos rurais e as persoas que alí viven. De momento descoñécese cales son as franxas nas que haberá que talar e nas que abondará coa súa limpeza. Non obstante, si se require na acualidade a obriga de limpialas e permanece a prohibición de plantar especies arbóreas nese espazo. As faixas de especial protección son aquelas parcelas que se atopen a menos de 25 metros do perímetro dun monte. Tamén se inclúe nesta denominación a totalidade dos terreos forestais, rasos ou arborados que se sitúen a menos de 10 metros do perímetro do monte ou ben as franxas de 25 metros ao redor de calquera edificación, urbanización, obras, instalacións industriais, eléctricas ou infraestructuras de transporte, situadas a menos de 400 metros. Os propietarios dos terreos situados nas faixas de especial protección teñen a obriga de manter a súas parcelas, así coma os camiños de titularidade privada e as gabias, limpas de maleza e restos e coa masa arbórea rareada.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias