El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

Núñez Feijoo: "Espero que Quintana teña agora a mesma autonomía que antes da asamblea do BNG"

21-12-2006

A 48 horas de la reunión con Anxo Quintana, el presidente del PPdeG garantiza que su postura sobre el Estatuto será la misma que hace seis meses. "Non sei se pasará o mesmo co líder do BNG", asegura Alberto Núñez Feijoo, que en las próximas semana cumplirá un año al frente del principal partido de la oposición. - ¿Cómo afronta la reunión del sábado? - A afronto co mesmo espíritu ca anterior. Penso que se non se poñen condicións nen imposicións pode haber acordo, o único que espero é que Anxo Quintana teña agora a mesma autonomía dentro do Bloque que antes da asamblea do seu partido. -¿Cree que perdió parte de esa autonomía? - Home, eu leo os xornais, e leo que algunha xente di que se non hai Estatuto de nación non hai Estatuto. Iso é como decir que 'ou me dan a razón a min o non hai acordo', e iso é impoñer. ¡Pero si os deputados que ten o Bloque no Parlamento son case os que ten o PP na provincia de A Coruña!. - Entonces... - Entón eu non imaxino a un partido político que ten 13 escanos dicíndolle a outro que ten 37 que o fas o que eu te digo ou non hai acordo. Non creo que iso sexa democrático. -¿Sigue prefiriendo hablar de ciertos temas con Quintana antes que con Pérez Touriño? - (Risas) E máis fácil falar cunha persoa da mesma xeración que con outra que non o é. A min o que me gustaría é encontrarme o mesmo Quintana que antes da asamblea do BNG. Non pode situarse nos extremos e ten que darse conta de que a pedra angular do Estatuto son os investimentos e as infraestructuras, o outro é perder o tempo. -¿Ha hablado ya con él después de la asamblea? - Só unha vez, estou á expectativa. Pero, imos ver, ¿queremos que pase o mesmo que en Cataluña, onde votou un tercio da poboación? Pero, repito, o sábado eu serei o mesmo señor do PP e manterei o mesmo tono e a mesma atmósfera que na reunión de xullo. - Tras el parón de Nochebuena, el pleno del martes someterá a votación las conclusiones de la comisión de incendios. - En 25 anos de Parlamento, estamos ante unha das faltas máis graves á dignidade da Cámara. Isa comisión foi un acto de descrédito ao Parlamento. Intentaron facernos crer que era unha investigación pero non o era, negáronse a investigar os incendios e agoran din que sí a investigar un feito de hai 14 anos co tema do Salnés. -¿Son verídicos los comentarios que apuntan la posibilidad de que abandonen el pleno el martes? - O noso grupo é maduro e cremos no Parlamento e nas institucións. Non somos como o PSOE e o BNG, nós acudiremos a ese pleno. - Estamos en el otoño de la corrupción urbanística. - Nos incendios a culpa era do PP, das brigadas despechadas, dos galegos, logo chegaron as riadas e botáronlle a culpa ao urbanismo. O recheo de Cee ten lustros, pero todo se desmorona cando se inunda tres veces Vilagarcía, gobernada polo Partido Socialista, e aí din que a culpa é da pleamar. O tema das riadas é inaudito, moita xente quedou sen coche e sen traballo e aínda non cobraron nin un só euro. No Prestige montouse un dispositivo en 19 días e agora ninguén cobrou un euro, a Administración está paralizada. -¿Le ofrecieron ayuda? - Xa lla ofrecimos nos incendios e non nos creron, a ofrecimos na contaminación do Umia e aí sí que nos creron, volvímoslle a ofrecer nas riadas e aí voltou a soberbia. Temos un Goberno en prácticas, coa "L" posta, e cada vez que xurde un problema vemos que non sabe aparcar. - ¿Qué pasó realmente en la autovía do Salnés? - Aí chegou unha conselleira e sen falar con ninguén decidiu cortar durante cinco meses a vía. Van a perxudicar toda a campaña de Semana Santa, xa os hosteleiros se queixan. -¿Qué esperan de la comisión de investigación? - Tres cousas: que pasou con esos tubos e por que se deterioraron tan pronto, se é posible non cortar a vía e se hai outros tubos que se están instalando en obras da Xunta de Galicia. -¿Le dolieron especialmente las declaraciones de Pérez Touriño sobre los tubos? - Da a sensación, posiblemente pola súa debilidade ó frente da Xunta, de que quere criminalizar a un partido político que representa a gran parte da sociedade galega. Perdeu unha gran oportunidade para estar calado, ¿quen o asesora? ¿que pasou coas escorrentías polas hectáreas que arderon no Salnés? -¿Habló con él? - Pero si este presidente foi o responsable da autovía que peor se fixo na historia de Galicia, con máis mortos e máis víctimas, que é a autovía Vigo-Porriño. Touriño era responsable de infraestructuras no Ministerio de Fomento, pensa que a xente non ten memoria. -¿Considera entonces que hay relación entre los incendios y los problemas de la autovía do Salnés? - As escorrentías das ladeiras fallaron polo moito que ardeu a zona, e todo se multiplicou pola intensidade das riadas. Ademais, as infraestructuras se deterioran co paso de tempo e hai que mantelas, pero deixemos que sexa a comisión a que investigue. -¿Cre que rectificará a consellería? - Estou convencido de que buscan outra solución. O que querían era desviar a atención porque cando xurdiron os problemas coa vía se estaba inundando por terceira vez a octava cidade de Galicia, Vilagarcía.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias