El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Conchi Basilio
Cartas al Director

A Xunta entrega vehículos para misións de protección civil a distintos concellos de Galicia

O luns resolvese a concesión de 142 vehículos contra incendios

17-01-2007

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, presidiu o acto de entrega de 11 vehículos preparados para misións de protección civil a representantes dos concellos de Vimianzo, Oroso, Paderne, Dumbría, Folgoso do Courel, Vicedo, Ribas de Sil, Entrimo, Sarreaus, Lalín e Moraña. Méndez Romeu adiantou que o vindeiro luns firmarase un documento para adxudicar 142 vehículos de intervención contra incendios a outros tantos concellos cunha achega de 9,6 millón de euros. Para o titular de Presidencia esta foi "unha xornada especialmente representativa do que é o labor de Protección Civil en condicións adversas". Os vehículos entregados hoxe están dotados coa última tecnoloxía para distintos tipos de actuacións que permiten, por exemplo, desde o transporte provisorio dunha padiola ou a retirada dun vehículo mentres chegan os equipos de excarceración especializados ata outras funcións de apoio e auxilio en distintas incidencias, según informa a Xunta. Nos próximos días tamén sairá a convocatoria de novos vehículos de protección civil para o ano 2007, así como outros tipos de equipamento que promove a Consellería de Presidencia. Méndez Romeu anunciou que "esta entrega de vehículos precede a outra, que se asinará o vindeiro luns, para adxudicar 142 vehículos contra incendios" ao mesmo número de concellos de Galicia, case a metade de municipios galegos. "Isto significa que nunha soa operación, por valor de 9,6 millóns de euros, duplicarase o número de vehículos deste tipo que actualmente existen en Galicia". A convocatoria permitiu elixir a cada concello o modelo de vehículo máis axeitado as súas características, ben vehículos pequenos, doadamente manobrables para pistas forestais e lugares de difícil accesibilidade ou outros máis grandes aptos para moverse en pequenos núcleos rurais e poboacionais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias