El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Cartas al Director
CxG

"Amizades tóxicas"

02-10-2020

É unha realidade que a pandemia mundial igualounos a todos, calquera está sometido ao cambio de paradigma de vida, e por suposto calquera está sometido tamén ao estrés de poder ser vítima do nefasto virus. No relativo á relación persoal e individual isto é así, non ten replica. Se cadra, esta visión, é tamén a que pretende o nacionalismo español para a xestión do Estado, que eles ven como bloque monolítico.

Na recente “cimeira da bandeiras” con escenografía internacional entre o goberno de Madrid e o do Estado case parecía que España era só Madrid e Madrid é a única España, mais iso non é certo, porén o intento está enriba da mesa e as xestións sucesivas no plano homoxeneizador así o reflicten.

Xa foi sorprendente a posta en escena, dándolle a capitalidade un rango dende sempre negado a Euskadi, Cataluña e como non a Galicia, pero máis incrible é a acordo de igualar todas as urbes de máis de 100 mil habitantes nas decisións sobre a pandemia. Eu acredito nun marco estable de medidas xerais, é unha boa solución, pero é lóxico igualar as cidades como se todas fosen Madrid? Aplicara Ourense as restricións sobre o Metro? Regulara Madrid o acceso a zonas termais e o acceso aos areais como A Coruña ou Vigo. Neste punto aclarar que xa sei que cada Concello pode propor e tomar medidas, mais o que preocupa é a propia manobra política de dar unha saída á Presidenta de Madrid cunha decisión política que no fondo vai contra a identidade dos pobos, iso é o grave.

Poren a manobra so valeu ao goberno do Estado para recibir unha vez máis dende Madrid unha posición antagónica nas medidas e desleal na negociación, buscando seguir confrontando dous modelos de Estado e de sociedade coa pandemia como arma, que insensatos, aos que pouco lle importa o resto de cidades. É hoxe por hoxe Ayuso, unha amizade tóxica para Feijoo, que nun movemento táctico político apoia as medidas propostas por Madrid, ollo non na defensa de Galicia e o noso, senón por interese de partido , e iso non é xestión. Aínda que coido que a Feijoo as amizades tóxicas pouco o preocupan, xa tivo moitas.

É unha mesquindade que os Partidos sigan a facer política coa COVID-19 mais é o tempo que nos toca vivir e os políticos que en sorte temos.

Piñeiro Docampo


Ver otros artículos de este colaborador




www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias




Videoteca