Cando foi das últimas eleccións autonómicas os políticos de Madrid desembarcaban aquí é predicábannos que “Galicia debe pensar en España”. Parecía que tapar as vías de auga do barco “España” dependía do que votáramos aquí o 18 de Febreiro do 2024, e polo tanto, debíamos moderar xa non o noso nacionalismo, que ben moderado é, senón mesmo o noso autonomismo. Na Galicia, a grande maioría dos nacionalistas aspiran só a un grado substancialde autogoberno; os independentistas son moi escasos. Así que se o barco afúndese, Coalición Galega cree que, para ben ou para mal, non é polo que pase aquí. Feijóo, e agora Rueda, teiman en reducir Galicia a unha especie de macro-deputación. Rexeitan pedir a plenitude das competencias previstas na Constitución e no Estatuto. Póñensenun grado de autonomismo infra-constitucional. Rueda, que parecía máis razoable, auto-constituíse en defensor da unidade de España e da Constitución, combinando iso cun grado de ninguneo da súa propia comunidade autónoma que en Andalucía, por exemplo, non se faría.
Esa encirrada defensa da España unitaria vólvese ridícula cando España (ou o estado, ou polo menos o goberno) non se quererealmente defender. Non se defende fronte a Bruxelas (a UE non acaba formalmente con ela pero disólvea) nin fronte á OTAN. E agora podería delegar a Cataluña a competencia sobre inmigración, materia que pola súa propia natureza está perto do cerne do estado moderno (aínda que non se cederá unha competencia plena nin irrevogable senón delegada e limitada). O mesmo estado que podería conceder iso a Cataluña, négalle a Galicia competencias inocentes. Neste panorama no que o ben común de España non existe, o estado cede segundo as presións. Cada pouco ábreselle unha fenda ao barco, e cada quen tira para o seu, comezando por Madrid. Por iso, para Coalición Galega a frenética defensa pola Xunta da unidade de España e a Constitución, nunha especie de cruzada que nin servirá para nada nin ninguén lle agradecerá —o poder nunca agradece—, pode bordear o ridículo.
Coalición Galega cree que Galicia precisa un grado substancial de autogoberno. De certo, aquí tamén hai que poñer orde e sentidiño na inmigración, pero é que aínda nin temos unha verdadeira policía autonómica. En todo caso, para ir cara ese autogoberno serio, cómprenos canto antes unha importante competencia, importante pero moito menos problemática que a inmigración para Cataluña: potestade tributaria orixinaria, plena e exclusiva sobre todos os todos os impostos, trabucos e contribucións percibidos na Galicia e sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País. A estas alturas da película constitucional de 1978 a lección que se tira é clara: Galicia, mira por ti mesma, que ninguén o vai facer por ti, e esquece esa ridícula postura de salvapatrias espontáneo, que as vías de auga no barco “España” nunca as amañarás ti por submisa que te amoses; como España non salvará a UE por bueniña que sexa. Dispoñer cada un dos seus propios cartos é outro mundo; pregúntenlle a navarros e vascos. Mesmo se os ingresos totais foran menos que o ingreso actual, que tampouco é o caso, paga moito a pena. Pero de pormenorizar isto ocuparémonos outro día. Xosé María Artiaga / Presidente de Coalición Galega
Cartas al Director