El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

ESCOLAS INFANTÍS DE O A 3 ANOS

A Xunta investiu máis de 6 millóns de euros entre 2016 e 2017 para mellorar o equipamento

23-11-2017 15:21:55
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta destinou entre 2016 e 2017 unha achega de máis de 6 millóns de euros para mellorar o equipamento das escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto de titularidade autonómica como as garderías dos concellos e as escolas infantís de iniciativa social.M

Máis polo miúdo, explicou que en relación á rede Galiña Azul, nestes dous anos investíronse 3,1 millóns de euros en reformar e equipar 120 garderías; ás escolas infantís e puntos de atención á infancia que dependen das corporacións locais destináronse 2,5 millóns de euros para realizar obras e comprar equipamento en 136 centros; e investíronse 600.000 euros para mellorar 36 escolas infantís privadas de iniciativa social.

Ao longo da súa intervención, Feijóo aseverou que hoxe, en Galicia, é máis sinxelo conciliar do que era en 2009: cun 80% máis de prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, en total 22.439; con casas niño nas contornas rurais; con deducións fiscais para familias con fillos, que a Xunta ampliou na pasada lexislatura”; cun Bono Concilia que axuda a pagar o custe dunha escola infantil para aquelas familias que non obtivesen praza nunha pública; e co Bono Coidado, que amplía ata os 12 anos a idade do neno, para o que se pode pedir axuda para contratar un coidador para casos puntuais.

“En 2018 seguiremos ampliando esta lista de medidas”, dixo, referíndose á Tarxeta Benvida, estendida ata os 3 anos para as familias con rendas baixas; a unha nova bonificación nas taxas das escolas infantís, do 25% para o segundo fillo e do 50% para o terceiro e sucesivos; e a un permiso por maternidade para as empregadas públicas, que aumenta ata as 22 semanas desde as 20 actuais.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias