El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

Medio Rural cede outras 443 parcelas do Banco de Terras a 16 concellos

29-11-2017 13:46:50

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada polo director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, presidiu esta mañá o acto de entrega de 443 parcelas sen utilidade agraria do Banco de Terras a 16 concellos galegos. Os municipios beneficiarios nesta ocasión son os de Ames, O Pino, Touro, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Baltar, Porqueira, Trasmiras, Xinzo de Limia, A Bola, A Merca, Celanova, Ramirás, Agolada e Silleda.

Esta entrega faise efectiva consonte á Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga), que establece que pasan a ser de titularidade dos concellos onde estean emprazados aqueles predios procedentes de masas comúns de concentración parcelaria que non compren cos fins do Banco de Terras, no sentido de non seren válidos para usos agrícolas, gandeiros ou forestais.

Isto supón o recoñecemento da titularidade a 117 concellos rurais de Galicia –todos os que contan con predios integrados no catálogo do banco– dun conxunto estimado de 2.500 parcelas, que resultarían en moitos casos útiles para cubrir as necesidades da veciñanza deses municipios. Esta cesión únese á xa realizada anteriormente doutros 1.205 predios a 36 municipios, co que o número total de terreos xa cedidos ascende a 1.648 e os concellos beneficiados son 52 en total, de toda Galicia.

Neste acto a conselleira destacou a importancia da iniciativa, por canto supón achegar aos municipios terreos que non teñen vocación agraria, pero que poden ser aproveitados para diferentes fins sociais, co beneficio que iso supón para a comunidade. Por iso, Ángeles Vázquez felicitou aos representantes municipais e agradeceu a súa colaboración á hora de levar a cabo os trámites precisos para facer efectiva a cesión. O Banco de Terras de Galicia xestiona actualmente un total de 12.176 parcelas en toda a comunidade, cunha superficie de 5.826 hectáreas. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias