El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A Xunta facilitou este ano a adquisición de 40 taxis adaptados á mobilidade reducida

30-11-2017 18:38:15

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, destacou hoxe no Parlamento que o Goberno galego outorgou este ano axudas por importe de 400.000 euros que permitiron a adquisición de 40 taxis adaptados á mobilidade reducida. Ademais, avanzou que o Executivo autonómico achegará outros 200.000 euros neste mesmo eido no ano 2018.

Na súa comparecencia, Ignacio Maestro insistiu no compromiso da Xunta en promover a adquisición dos chamados Eurotaxis e que se seguirá nesta liña de axudas ao sector do taxi e de fomento da accesibilidade.

Segundo dixo, para o Goberno galego o transporte público de persoas en vehículos de turismo ten unha importancia decisiva, o que obriga a dispoñer dunha ordenación xurídica que constitúa un medio para a súa promoción obxectiva.

Maestro Saavedra explicou que a Xunta está a traballar para que os servizos de transporte que se presten en Galicia se desenvolvan coas máximas garantías, tanto para os usuarios como para os profesionais, un obxectivo principal do Regulamento da Lei do taxi que se está desenvolver de forma consensuada co sector e que se aprobará nos vindeiros meses.

O regulamento da Lei de transporte público de persoas en vehículo de turismo de Galicia, servirá para concretar a coordinación interadministrativa, acadando, entre outros obxectivos, unha maior simplificación na obtención previa dos correspondentes títulos administrativos, garantindo a continuidade e regularidade na prestación do servizo e no establecemento dun réxime tarifario.

O director xeral de Mobilidade concretou que este regulamento prevé tamén medidas para facilitar o exercicio do control sobre os vehículos de alugueiro con condutor.Explicou que ese apoio ao sector do taxi está reflectido tamén no apoio á adquisición de vehículos adaptados, como mostran as axudas concedidas e que tiveron moito éxito entre o sector. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias