El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Economí­a

GALICIA

A Xunta impulsará a actividade dunha vintena de establecementos comerciais

03-12-2017 12:27:24

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, acaba de resolver a convocatoria do programa de apoios para proxectos de expansión comercial nos establecementos galegos, unha medida que pretende consolidar a recuperación e impulsar a actividade dun sector que emprega a máis de 170.000 galegos.

O programa, destinado a pemes que veñan desenvolvendo a súa actividade comercial en Galicia durante os últimos dous anos, chegará a un total de 18 negocios aos que a Xunta apoiará con preto de 235.000 euros. Esta iniciativa enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia, que contempla 55 accións específicas ata 2020.

O programa conta con tres modalidades: proxectos de expansión comercial, de pop up e de expansión dixital. En canto ás iniciativas de expansión comercial, son para a apertura de novos establecementos ou para desenvolver o mesmo proxecto comercial que xa estaba en marcha, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou en novas tendencias de consumo, incluíndo un compromiso de contratación de polo menos un traballador. Estas iniciativas responden a unha idea comercial innovadora.

Por outra parte, concédense axudas para proxectos piloto pop up, consistentes na apertura por un prazo máximo de dous meses dun novo establecemento nun concello distinto ao que o comerciante veña desenvolvendo a súa actividade para testar un mercado ou un proxecto comercial innovador.

Ademais, hai axudas destinadas á súa expansión dixital, co obxectivo de acceder a asesoramento profesional e especializado para a implantación e titorización dun plan de comunicación dixital personalizado e axeitado ao target do comerciante, definindo unha estratexia comercial dixital de expansión. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias