El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

NA CORUÑA

O "Ano Pondal" pecha os actos conmemorativos arredor do autor do Himno de Galicia

16-12-2017 17:28:27
Homenaxe á figura de Eduardo Pondal.

Un recital de versos e unha ofrenda floral nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, ao pé do busto de Eduardo Pondal, foi o marco escollido para o peche das actividades conmemorativas do “Ano Pondal” con motivo do centenario do pasamento do autor do Himno de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, aproveitou a súa intervención neste acto para gabar a obra e a figura do escritor pontecesán, ao que definiu como “piar do noso Rexurdimento”. Tamén subliñou o traballo levado a cabo pola Fundación Eduardo Pondal, que deseñou cen actos para dar a coñecer e poñer en valor a traxectoria do bardo bergantiñán.

Así mesmo, o conselleiro aproveitou para agradecer o importante traballo colaborativo das tres Fundacións do Rexurdimento (a Rosalía de Castro e a Curros Enríquez, ademais da mencionada Eduardo Pondal) para honrar, salvagardar e difundir o legado dos tres autores que representan, como elementos clave que son da nosa lingua e da nosa cultura.

O acto -organizado pola Fundación Eduardo Pondal- contou coa presenza do seu presidente Xosé María Varela; do secretario xeral de Política Lingüística Valentín García; e do alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido; e o concelleiro de Cultura da Coruña, José Manuel Sando, entre outros. Tamén asistiron unha representación de alumnos de centros educativos de Ponteceso (cidade natal de Pondal) e de Mondoñedo (de onde era orixinario Pascual Veiga, que musicou os versos do Himno de Galicia).





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias