El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | SAÚDE

Sanidade destaca a importancia do diagnóstico precoz na fibrose quística

16-12-2017 19:15:15

Vigo.- O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destaca a importancia do diagnóstico precoz de enfermidades como a fibrose quística porque “pode prolongar a esperanza de vida das persoas que a sofren e sobre todo mellorar a súa calidade de vida”. Almuiña inaugurou hoxe a VIII Xornada de Fibrose Quística de Galicia, que se celebrou no salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Neste foro, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego remarcou que a evidencia científica indica que o cribado neonatal da fibrose quística presenta un claro beneficio no crecemento e no estado nutricional dos nenos afectados. E neste senso salientou que o programas de cribado de metabolopatías implantado en Galicia ofrece unha cobertura do 100%, “é dicir, garante que todos os neonatos en Galicia teñen acceso á realización das probas de cribado incluídas no programa, e obtén unha participación de, polo menos, o 98%, dispoñendo do resultado das probas de cribado antes de 10 días desde a toma da mostra, no 95% dos participantes”.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias