El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

MEDIO AMBIENTE E SOGAMA

En marcha unha exposión itinerante co fin de concienciar da necesidade de xerar menos residuos

18-12-2017 13:18:23
En marcha unha exposición itinerante.

A Consellería de Medio Ambiente e Sogama poñen en marcha unha exposición itinerante co fin de concienciar da necesidade de xerar menos residuos. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presentou esta mañá a exposición -Residuos= +Recursos que ten entre os seus obxectivos visualizar este principio, ao que se suma a reutilización, o aproveitamento dos produtos ata esgotar a súa vida útil; e a reciclaxe, para o que é necesario separar os diferentes materiais e depositalos no colector axeitado. Mato Otero argumentou que o primeiro e máis importante cimento na xestión sustentable dos residuos é a súa prevención e a menor xeración dos mesmos.    

Salientou que a exposición que comeza a súa andaina na Cidade da Coruña, ata o 30 de decembro, e que visitará outras cidades galegas nace co obxectivo de promover as boas prácticas da poboación en relación coa xestión sustentable dos refugallos. Faise unha incidencia especial na necesidade de diminuír a xeración de residuos en orixe, incentivar a reutilización dos produtos, e no fomento da recollida selectiva, matizou.    

Explicou que o contido da exposición está baseado nun decálogo de consellos básicos para reducir a produción de refugallos. Neste sentido, indicou que se trata dunha tarefa na que a sociedade en xeral pode colaborar con pequenos e sinxelos xestos. A modo de exemplo explicou que é recomendable, á hora da compra, facer unha lista co que se precise e axustarse á mesma; recuperar o carro da compra ou bolsas propias, xa que a vida útil dunha bolsa de plástico é de 12 minutos, pero tarda séculos en degradarse; dar preferencia aos produtos locais e de tempada; e priorizar a adquisición de produtos a granel e fuxir do embalaxe excesivo.    

No ámbito doméstico tamén é recomendable separar os residuos correctamente, usar pilas recargables, darlle unha nova vida á roupa que xa non se usa, ou non desperdiciar alimentos... consello que tamén serve para cando comemos fora da casa. Recordou que Medio Ambiente vén de poñer en marcha, xunto coas catro asociacións provinciais de hostalería, unha iniciativa para reducir o desperdicio alimentario neste tipo de locais.    

En definitiva, trátase de contribuír desde o traballo colectivo e individual para abandonar o caduco modo de vida lineal e transitar cara o circular, que aposta polo criterio multierre.    

Por último, a conselleira destacou que a posta en marcha desta exposición pecha un ano especial para a Sogama, que este ano celebrou o seu vinte e cinco aniversario, ao tempo que puxo as bases para o seu futuro co inicio das obras de ampliación.    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias