El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | INCENDIOS FORESTAIS

A Xunta adiantará aos beneficiarios ata o 25% das axudas

22-12-2017 11:13:23

Os beneficiarios das axudas destinadas a sufragar os danos nas vivendas e no seu enxoval doméstico, causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro, poderán solicitar pagamentos anticipados de ata o 25 % do importe da subvención concedida.

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde pola que se establece a posibilidade de solicitar o pago adiantado. Isto responde á constatación de que entre os damnificados existen persoas que non poden iniciar as obras de reparación das súas vivendas por non contar con recursos para facer as primeiras actuacións ou pola dificultade para acceder a liñas de préstamos para o seu financiamento.

Co obxectivo de arraxar estas dificultades regúlase a posibilidade de cobrar por adiantado ata o 25 por cento do importe da subvención, xa que a orde que regula estas axudas establece que se pagarán unha vez realizadas as obras.Os interesados deberán presentar solicitude ante a Xunta, concretamente ante o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), no modelo que acompaña á Orde publicada no Diario Oficial de Galicia. Neste enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/EZSX8T





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias