A portavoz nacional do BNG, Ana
Pontón felicitou a todo o pobo catalán e forzas soberanistas que “revalidaron a maioría absoluta”, nunhas circunstancias
excepcionais e baixo “presión de todo o
Estado, poder xudicial e grupos mediáticos contrarios a esta alternativa”. A mairoría soberanista acadada onte en
Catalunya, constata a vontade do pobo
catalán, remarcou.
Para a líder do BNG, “o grande
derrotado nestas eleccións é Mariano Rajoy e o artigo 155”. A derrota sen
paliativos do Partido popular, redundou Pontón, “convertida nunha forza marxinal”, deixa unha mensaxe clara: “Os cidadáns de Catalunya
non apoian a vía represiva nin as políticas de Rajoy.” Por outra parte,
engadiu, estas eleccións evidencian que a solución só pode vir da política e estamos ante un debate político no que miles
de cidadáns reclaman dereitos e liberdades. A alternativa á política non pasa “polos porrazos, a represión policial
ou utilizar de maneira abusiva o poder xudicial”. Estamos nun estado
plurinacional onde as nacións sen estado reclamamos un novo marco e o Partido
popular non pode continuar “enrocado no seu inmobilismo” coa intención de
seguir mantendo a visión do Réxime do 78,
“un réxime esgotado”.
O pobo de Catalunya, insistiu,
“deunos onte unha lección de dignidade, é de un
pobo maduro que desexa dirimir, de forma democrática, as súas
diferencias e debates políticos”. No BNG
agardamos unha lectura dende o Estado do que está pasando e que non se enroque en seguir con “máis represión,
xudicialización da vida política e empeorando a situación política actual”. O
pobo catalán falou con clareza, “derrotou ao Partido popular e ao 155”, e
o bloque soberanista conta cunha maioría
clara na que máis de dous millóns de
persoas queren defender o seu futuro”.
Campaña do BNG en Vigo para apoiar o pequeno e mediano
comercio
Ana Pontón participou hoxe no acto reivindicativo de apoio ao pequeno comercio en Vigo onde
avanzou que o BNG presentará mocións no Parlamento galego e concellos da área
da cidade olívica para crear o plan sectorial do comercio e unha moratoria ás
grandes superficies comercias co fin de protexer o comercio local.
Pontón lembrou que estamos nunhas datas de grande
consumo e o comercio de proximidade é un grande dinamizador nas cidades, “crea
emprego e da vida aos barrios” polo que fixo un chamamento a todos os galegos e galegas
a “consumir produtos do país pola súa
calidade e porque é unha aposta polo noso”.
Pontón denuncia a importación a Vigo dun modelo
de grandes áreas comerciais, “fracasado” en A Coruña
A portavoz do BNG, acompañada do
responsable local, Serafín Otero, militantes e simpatizantes tamén se referiu á
grande preocupación das asociacións de comerciantes, “a saturación de áreas
comercias”. Sobre esta cuestión, lembrou o macroproxecto de Porto Cabral que
implicaría a destrución de máis de 6.000 postos de traballo en Vigo e a
importación do “modelo fracasado” da Coruña baseado nas grandes áreas comercias. Unha cidade como
Vigo conta cun gran potencial no pequeno
e mediano comercio, un sector que xera
emprego de calidade e dinamiza os barrios e crea riqueza. “As grandes
superficies comerciais benefician aos grandes capitais, crea emprego en
precario e destrúe os barrios”, concluíu. Departamento de comunicación