El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG: "Nin avalamos nin compartimos o plan de traballo presentado pola Mesa da Comisión de Incendios"

26-12-2017 16:27:59

O Grupo Socialista nin avala nin comparte o Plan de Traballo presentado pola Mesa da Comisión Especial de Incendios, en contra do que vén de afirmar o portavoz de En Marea a través dun comunicado aos medios. Lembran que o representante do Grupo Socialista na Mesa da Comisión votou en contra da proposta dos membros do PP. 

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia carece de ningún interese en polemizar con En Marea no tocante á conformación do Plan de Traballo desta Comisión, pero tampouco pode admitir que transmitan informacións falsas para avalar ataques gratuítos contra os socialistas galegos.   

Lembran que o portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, xa presentou a semana pasada publicamente a proposta de Plan de Traballo para este órgano, que inclúe 80 comparecencias e medio cento de informes, que será debatida na reunión de mañá e que non ten nada que ver coa proposta aprobada polo PP na Mesa da Comisión. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias