El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Galicia contará con catro novos xulgados na Coruña, Ourense, Vigo e Ferrol

27-12-2017 14:54:12

O Boletín Oficial do Estado publica a orde que fixa a entrada en funcionamento dos novos xulgados galegos o vindeiro 31 de xaneiro, tal e como estaba previsto na nosa comunidade.

Só 17 dos 89 previstos para este ano, comezarán a funcionar o 31 de xaneiro, entre os que están os 4 galegos. As novas unidades xudiciais que entrarán en funcionamento son os novos Xulgados de Primeira Instancia en Ferrol, Ourense e Vigo, o novo Xulgado do Social na Coruña.

O Goberno galego valora positivamente que se veña de confirmar a entrada en funcionamento dos xulgados na nosa comunidade, estando por parte do Goberno galego todo operativo para que nesa data poidan empezar a funcionar con total normalidade, dotándoos dos medios materiais e persoais que precisen.

A Xunta segue apelando á necesidade de que a creación de xulgados continúe en 2018 para seguir mellorando o servizo á cidadanía, especialmente naqueles lugares con máis carga de traballo.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias