El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Tellado: "José Blanco pretende lavar a súa conciencia polo incremento de peaxes con mentiras e ataques"

29-12-2017 18:57:11
O europarlamentario socialista José Blanco.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou hoxe que José Blanco pretenda lavar con mentiras e ataques a súa mala conciencia pola suba de peaxes que endosou a Galicia na súa etapa como ministro de Fomento de José Luís Rodríguez Zapatero.    

“Blanco volve a casa por Nadal e faino cunha comparecencia pública que lembra as vellas formas que empregaba cando era secretario de Organización do PSOE”, dixo Tellado: “descalificacións e falsidades”.
   
“Sería bo que o ex dirixente socialista comparecera non para atacar senón para desculparse por condenar a Galicia a esta nova suba nas peaxes da AP9”, apuntou. Ademais, lembrou que foi a man do ex ministro a que firmou o convenio coa concesionario que permitía o incremento das taxas a cambio das obras. “Puido pagar a ampliación de Rande con cargo aos seus orzamentos pero preferiu cargarllelo ao peto dos galegos”, engadiu.   
“A peaxe sube por dous motivos: polo IPC e pola decisión de José Blanco, non hai máis. Así que cada céntimo de máis que imos pagar é culpa da inflación e do propio ex ministro”, dixo.   

En todo caso, pouco esperábamos de José Blanco cando era ministro e menos aínda esperamos agora que incluso o seu partido mandouno todo o lonxe que puido. “Blanco apadriñou unha fórmula para o corredor do Morrazo que carecía de sentido común, e firmou uns acordos acerca do AVE galego que foron sistemáticamente incumpridos”, lembrou.   

O caso da AP9 é especialmente sangrante porque pactou a suba horas antes dunhas eleccións a través dun decreto que se publicou no BOE días despois de perdelas.   

Respecto as afirmacións que fixo sobre Alberto Núñez Feijóo e Mariano Rajoy, Tellado asegurou que Blanco ten moitos máis inimigos no PSOE que no PP. “Estaba moito máis acertado nas súas intrigas internas para poñer e quitar cargos do seu partido en Galicia e en España, que facendo declaracións públicas acerca de dirixentes da nosa formación política”, dixo.   

“Si atacar a Rajoy é a súa forma de pedir perdón a Pedro Sánchez para que lle permita seguir tendo unha cadeira na que poder sentarse no futuro, benvidos sexan os seus disparates pronunciados hoxe”, ironizou.   
Mentres Blanco comparecía hoxe, os traballos para completar a autovía do Morrazo seguían o seu curso por parte dunha Xunta que ten postos en servizo máis de 200km de vías de alta capacidade e libres de peaxe.


José Blanco

O europarlamentario socialista José Blanco acusou hoxe a Feijóo de estar “de costas á UE” provocando que Galicia perda o tren en debates fundamentais como a demografía, a perspectiva financeira, a Política Agraria Común, o impacto do Brexit no sector pesqueiro ou o impulso á transición enerxética.   

Blanco fixo hoxe balance da súa actividade na Eurocámara, que o sitúa no posto 13 entre os máis activos de todo o Parlamento Europeo e o primeiro dos representantes de España, con 2.000 iniciativas e máis de 1.700 emendas e informes. Dixo que a súa actividade permitiu entre outras cousas constatar que a Xunta “non está facendo os deberes” e Feijóo está “mais preocupado de contar contos para xustificar a súa inacción”.   

Anunciou que foi a raíz das súas preguntas parlamentarias que “puidemos saber que Galicia nin o Estado presentaran ningún proxecto dentro do programa Conectar Europa” para situar a esta rexión dentro do mapa de transporte de mercadorías. Tampouco chegaran a solicitara que se trasladara o Laboratorio Europeo de Bivalvos en Arousa a pesares de que Feijóo fora anuncialo á sede do Intecmar, en Vilaxoán.   

Considera “lamentable” que a Xunta non teña solicitado a día de hoxe o Fondo de Solidariedade para Grandes Catástrofes logo dos incendios de outubro. Apuntou que “Galicia está por debaixo do limiar de danos” necesario para solicitar o fondo, pero anunciou que a UE sería “sensible” a un plantexamento conxunto con Portugal, logo de que o propio Feijóo tivera apuntado ao país veciño como orixe dalgún dos focos.   

José Blanco criticou que o presidente da Xunta teña borrado o cambio climático da súa axenda política “coma se non estivéramos vivindo situacións estremas” con temperaturas anormalmente elevadas, seca ou problemas de subministro de auga. Apuntou que o próximo mes será debatida a directiva de Enerxía da UE, da que Blanco é ponente.   Lamentou que sexa precisamente España, xunto con Polonia, quen lidere a oposición a esta norma dirixida a garantir o incremento da enerxía renovable e do autoconsumo, eliminar o imposto ao sol, bloqueando a retroactividade que supón un custe inasumible para aqueles que investiran en renovables en España.   

Anunciou ademais que el mesmo será o encargado do PSdeG de organizar para o próximo ano 5 debates políticos en clave europea para convidar á sociedade galega a tratar a transición enerxética e o cambio climático, o desafío demográfico, a reforma das perspectivas financeiras, a PAC ou o futuro da pesca.   


AP-9   

José Blanco interveu hoxe ademais como ex ministro de Fomento e, en resposta ás preguntas dos xornalistas, acusou a Rajoy e Feijóo de inaugurar mañá a mellora da AP-9 na ampliación de Rande e a circunvalación de Compostela “como aquel que se une á festa pero non quere saber nada de pagala”. Lembrou o anuncio dun investimento de 5.000 millóns do Goberno en 3 anos de obras en Murcia, mentres evitan pagar 350 millóns para Galicia que permitirían salvar o incremento das peaxes.   

Criticou que o presidente da Xunta vaia “cortar a cinta” ao tempo que sinala á súa xestión no Ministerio para criticar o incremento do 4 por cento na peaxe da AP-9 e dixo que “non se me invitou á inauguración porque queren colgarse o mérito pero pasar a factura aos demáis”. Puntualizou que as obras supoñen o incremento de apenas unha cuarta parte, mentres o 75 por cento restante “corresponde aos gobernos do PP”.   

Lembrou que “tódolos galegos sabían” dende o principio do incremento do 1 por cento, que foi publicado no BOE “con coñecemento do que era daquela conselleiro de Política Territorial” e dos alcaldes de Santiago e Vigo. O ex ministro puntualizou que “se son responsable das obras serei responsable tamén das obras das que se van beneficiar tódolos galegos e galegas”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias