El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero cuestiona o "triunfalismo e chovinismo" do discurso de Feijóo

31-12-2017 18:40:40

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, dixo que o discurso do presidente da Xunta “caracterizouse polo triunfalismo, a autocompracencia e o autobombo”. Lamentou que a intervención “non respondera ás inquedanzas e ás necesidades dunha cidadanía que ve como Galicia perde peso demográfico e pulo económico e industrial e sofre os recortes nos servizos públicos”.   

O discurso de Feijóo “esquece os os problemas da Galicia real para recrear unha situación idílica que non é na que viven as familias galegas”. Fronte ao triunfalismo e o chovinismo do discurso de Feijóo, dixo, “reivindicamos realismo e solucións aos problemas dunha Galicia que vai a peor”.   

Sinala que “o balance economico que fai o presidente da Xunta esquece o conxunto de dificultades que padece un país con baixos salarios e pensións, recortes nos servizos públicos, maior exclusión e unha preocupante desigualdade”. O mesmo que sofre “longas listas de espera na sanidade pública, abandono do medio rural e poucas posibilidades de futuro para a xente nova, entre outras”.   

Engadiu que “as galegas e os galegos non nos podemos ver reflexados nun discurso oficialista que non representa á realidade do país, que falla no balance e que non amosa estratexia”. “A falla de atención –engade- ás prioridades sociais das galegas e os galegos no discurso fainos valorar que implica un enfoque errado”.   

 Terrorismo incendiario   Asimesmo considera que “centrar o grave problema dos incendios que sufriu Galicia en 2017 nun suposto terrorismo incendiario e na valoración da resposta cidadá implica eliminar calquera referencia autocrítica ao fracaso da política forestal e de incompetencia na prevención e loita contra incendios”. Sinala que “é necesario partir dunha análise máis precisa que implique responsabilidades e cambios nas políticas públicas do goberno galego”.   

Finalmente, sinala que “o financiamento autonómico ten que garantir o acceso de tódolos cidadáns aos servizos públicos, con independencia dos territorios dentro do Estado”. Neste punto, advirte que “os socialistas galegos amosamos a nosa disposición a traballar en 2018 para que Galicia non perda recursos nin posición relativa no financiamento autonómico”. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias