Logo de coñecerse
os datos de paro rexistrado hoxe, Miguel Tellado, secretario xeral cualificou de
“histórica” a caída do desemprego na Comunidade en 2017, posto que foi a maior
en termos relativos (-10,15%) das dúas últimas décadas. Así, Galicia pechou o
ano que acaba de rematar con 20.901 parados menos e 21.713 afiliacións máis á
Seguridade Social, “uns datos que nin as estimacións máis optimistas se
atreveran a vaticinar”, subliñou.
Tellado quixo
destacar a estabilidade institucional como “gran valor económico de Galicia”, o
que provoca que o seu comportamento sexa ata dous puntos mellor có da media
española en materia de caída do desemprego, ou que tamén mellore as previsións
de crecemento do Producto Interior Bruto para o ano que agora comeza. “Cremos
que os nosos indicadores poderían ser aínda mellores se esta estabilidade se
traducise tamén na maioría de concellos galegos”, apuntou.
Con todo, o
número dous dos populares galegos lembrou que “este goberno non se caracteriza
polo conformismo e os bos datos só serven como alento para seguir traballando e
perseverar nunha receita que xa acreditou o seu éxito”. Para ilustrar este
argumento, concluíu poñendo en valor o feito de que a Xunta aprobase xa para
este inicio de ano unha dotación de 25 millóns de euros para políticas activas
de emprego que se destinarán a axudar aos autónomos, a fomentar a economía
social e a mellorar a formación de ocupados e desempregados para postos
relacionados coa Industria 4.0. Departamento de comunicación