El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

A Xunta establece a veda da nécora e do santiaguiño

05-01-2018 10:35:47

A partir do sábado pecha a campaña de captura da nécora e do santiaguiño. O calendario aprobado pola Xunta no Plan Xeral de Explotación Marisqueira do 2018 establece que a actividade de extracción da nécora estará pechada ata o día 1 de xullo e a do santiaguiño ata o 1 de outubro, datas nas que empezará a súa campaña extractiva.

O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que soportan as poboacións destas especies na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende o 2 de xullo de 2017, día desde o que estivo autorizada a extracción da nécora, vendéronse nas lonxas galegas máis de 133 toneladas desta especie por un importe total de máis de 2 millóns de euros. No caso do santiaguiño, o período autorizado para a súa captura empezou o 1 de outubro do ano pasado e nesta etapa vendéronse en lonxa preto de 1.000 quilos desta especie por valor de máis de 66.400 euros. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias