El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O BNG propón un IVE do 4% para a electricidade

05-01-2018 13:21:52
oa Presas.

O BNG considera inadmisible o prezo que os galegos e as galegas teñen que pagar pola electricidade nun país que é produtor excedentario de enerxía e que, ademais, ten os segundos salarios medios máis baixos do Estado. Por iso, levará ao pleno novas iniciativas para abaratar a factura de luz, empezando por solicitar a redución do IVE do 21% para aplicar o superreducido do 4% propio dos bens de primeira necesidade como é o caso da electricidade. 

“Soportamos un dos IVEs máis altos de toda Europa, só por debaixo dos países nórdicos e de Portugal, pero moi por riba dos que se aplican en Francia ou Alemaña con salarios moito máis altos”, explicou a portavoz parlamentaria de Industria, Noa Presas, quen denunciou a fiscalidade “absurda e inxustificada”, -en particular tras a reforma fiscal de Rajoy en 2012-, “pensada con afán recadatorio que lle permite a Montoro obter 600 millóns de euros anuais a través dos impostos que se aplican a un servizo básico”. 

O Bloque espera contar co apoio das outras forzas políticas da oposición, e insta ao PP “a deixar de comportarse como unha parede”, inmobilismo que lle levou a vetar a ILP na que se pedía unha tarifa eléctrica galega que suporía un aforro para familias e empresas. “Non é normal que un ben de primeira necesidade teña o dobre e IVE que a compra de obras de arte”, alegou Presas, quen cifrou nun 14% de media o aforro na factura de luz cun imposto sobre o valor engadido reducido ao 4%. 

A deputada salientou que esta baixada impositiva sería “un punto de partida fundamental na loita contra a pobreza enerxética”, tendo en conta que o denominado bono social foi obxecto de recurso por parte das multinacionais eléctricas o que lle obriga ás Administracións públicas a compensalas con 200 millóns de euros. “É unha fórmula que non chega a todas as persoas que o necesitan, nin supón unha solución a medio e longo prazo, máxime tras o recurso das eléctricas”. 

O BNG volverá a ter como prioridade a loita contra a pobreza enerxética así como unha redución xeral da factura da luz, porque a carestía da electricidade afecta non só aos máis desfavorecidos senón a maioría da clase media e da clase traballadora, e lastra a competitividade das empresas. “A ver se o PP move ficha e deixa de pensar en clave de recadación do Estado para pensar nos e nas galegas”, indicou Presas. 

A deputada lembrou os datos da última Enquisa conxuntural aos fogares galegos que indican  que o  45%  das familias chegan con dificultade a fin de mes e o 7% con moita dificultade, e pese a proclamada recuperación económica, máis da metade dos fogares teñen dificultades para chegar a final de mes. Este é o contexto no que hai que afrontar un do costes da luz máis altos de Europa. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias