O Centro de Linguas
Modernas (CLM) mantén aberto o
prazo de matrícula dos seus cursos para o segundo semestre así como a
inscrición nos test de nivel para aquelas persoas que teñan coñecementos previos
dun idioma. No Campus de Santiago a oferta do segundo semestre inclúe cursos de
alemán, catalán, checo, chinés, danés, francés, inglés, italiano, portugués,
xaponés, galego para non galego falantes e español como lingua estranxeira.
Ademais destas dúas últimas, no Campus de Lugo a oferta contempla tamén alemán,
francés e inglés.
O test de nivel
está dirixido a aquelas persoas con coñecemento previos do idioma e que desexen
matricularse nalgún deste cursos pero carecen do nivel asignado, ben polo propio
CLM ou pola EOI nos últimos dous anos. Estes tests celebraranse entre os días
19 e 24 de xaneiro de 2018 en distintas localizacións en función do idioma
escollido. As localizacións e datas precisas poden consultarse a través da
secretaria virtual ou directamente no
CLM.
Probas de competencia
Ademais da súa
oferta estable de cursos ao longo de todo o curso, o CLM é o centro examinador
para a comunidade universitaria da USC de alemán, inglés, francés, italiano e
portugués en Santiago e de alemán, inglés, francés e portugués en Lugo para as
probas B1 e B2 segundo as convocatorias dispoñibles no web do CLM.
Ademais, en
calidade de centro delegado de diferentes entidades de prestixio internacional,
o CLM organizará durante este segundo período académico do curso 2017-2018 máis
probas para acreditar os niveis segundo o MECR, neste caso abertas a persoas
alleas á USC. Entre outros, o CLM colabora co GoetheInstitut, Instituto
Cervantes, JapanFoundation, UniversitàperStranieir di Siena ou co British
Council, entre outros.
O alumnado pode
validar 25 horas por un crédito ECTS sempre que teñan o B1 acadado noutra
lingua. Canto maior sexa o grao de coñecemento, máis créditos poderán acadarse
segundo a normativa existente. Departamento decomunicación