El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

UNIVERSIDADE

Everis e a Universidade dá Coruña crean unha Cátedra de Transformación Dixital

16-01-2018 12:52:15
Julio Abalde e Jesús Lage.

A Coruña.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso, e o socio responsable de everis en Galicia, Jesús Lage Fernández, asinaron hoxe na Reitoría o convenio de creación da Cátedra de Transformación Dixital. 

A Cátedra, adscrita á Facultade de Informática, ten como obxectivo acometer e profundizar na transformación dixital das organizacións públicas e privadas de Galicia. Segundo asegurou Lage Fernández, a Administración galega está á vangarda en España na dixitalización no campo da saúde ou da educación. Nun proceso que conta coa colaboración da UDC, dixo o reitor, queda camiño por percorrer pero algunhas áreas como a dixitalización do sector sanitario galego, referente para o resto de España, están moi ben posicionadas. Entre as actividades que se están a poñer en marcha ao abeiro da Cátedra está a creación do Premio ao mellor Traballo de Fin de Grao Aplicado, a realización de talleres e conferencias e a realización de prácticas de alumnado da Facultade de Informática na empresa everis. 

 O reitor asegurou que hoxe “é un día importante para a UDC pola formalización deste convenio” que vén a establecer unha liña máis de transferencia de coñecemento da universidade á empresa do que se espera se beneficie o tecido industrial galego. Para o responsable de everis en Galicia “esta alianza reafirma o compromiso de ambas as dúas entidades co desenvolvemento científico e tecnolóxico de Galicia, favorecendo unha aplicación práctica do coñecemento e impulsando a economía galega baseada nun modelo de crecemento dixital”. 

Este convenio consolida a colaboración existente entre a Universidade da Coruña e everis que comezou no ano 2010 e que culmina coa creación da Cátedra de Transformación Dixital de tres anos de duración prorrogables. Tanto Abalde como Lage avanzaron que outro dos campos de traballo a explorar está relacionado co novo Grao Ciencia e Enxeñaría de Datos que se implantará na Facultade de Informática no curso 2019/2020. Este título de big data presenta un abano de posibilidades de colaboración coa empresa everis, explicou o reitor. O concepto de informático tiña un perfil profesional monolítico, explicou o socio da empresa everis, pero os novos requirimentos tecnolóxicos precisan a diversificación tamén nas titulacións e o novo grao da UDC de xestión de datos é, segundo cualificou Lage, “estratéxico”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias