El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

A Xunta destina 800.000 euros ás axudas para indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais

18-01-2018 10:51:38

A Consellería do Medio Rural mantén un ano máis o orzamento destinado ás axudas para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos mesmos para o ano 2018 en 800.000 euros, tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os beneficiarios destas achegas serán os titulares de explotacións gandeiras correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán propietarios de animais e/ou produtos que foron sacrificados/mortos e/ou destruídos de forma obrigatoria por orde da Consellería (autoridade competente en sanidade animal) e por mor da aplicación de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades animais.

Para ter dereito ás indemnizacións é imprescindible cumprir a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal. Tamén é de obrigado cumprimento estar ao día dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais; que as explotacións gandeiras estean correctamente rexistradas; e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio dos animais, ordenado pola autoridade sanitaria competente.

A tramitación do procedemento de concesión das indemnizacións establecidas nesta orde, levarase a cabo durante todo o exercicio orzamentario do ano 2018. O prazo de presentación das solicitudes será desde mañá -día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia- ata o día 30 de novembro de 2018, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

Os órganos xestores tramitarán durante o ano 2018, ademais das indemnizacións correspondentes a ese ano, todas as indemnizacións que quedasen pendentes do ano 2017. Neste último caso, as persoas interesadas deberán presentar unha única solicitude para a tramitación de todas as indemnizacións pendentes e que non foran xa solicitadas durante o ano 2017. Porén, no caso de que a solicitude de indemnización de animais sacrificados no ano 2017 xa fora presentada en dito ano e ocorrera que non se puidera tramitar nel, terase en conta directamente no procedemento de concesión de indemnizacións para o ano 2018, sen necesidade de que as persoas interesadas presenten un novo formulario de solicitude para elas. Enlace ás axudas 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias