El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PSdeG

Gonzalo Caballero: "Temos o reto de convecer á sociedade de que Galicia precisa un cambio"

25-01-2018 13:37:13
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou hoxe un almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, un escenario dende o cal amosou a súa “preocupación” pola situación que atravesa Galicia e apelou a traballar para reverter esta situación.   

Nesa tarefa, o líder dos socialistas galegos explicou que o PSdeG ten iniciado “un tempo novo” da man de “novos referentes” e coa incorporación dunha nova xeración, que é a súa, co “reto” por diante de “convencer á sociedade galega de que Galicia precisa un cambio”.   

Como “loitador polo que cre”, considerando a súa traxectoria como afiliado de base, incidiu na idea de que o “socialismo reformista” que el encabeza ten a misión de “catalizar a modernización de Galicia”.   

Pola súa banda, Gonzalo Caballero garantiu todo o seu traballo e esforzo nesa liña e mantivo que el é “un instrumento” ao servizo do seu partido, despois de reivindicar a política como “servizo público” e de explicar que el compatibiliza a súa tarefa profesional co seu compromiso político.  


"Ideas ao servizo do país"

Cando aínda non transcorreron 100 días dende o congreso no que foi ratificado como líder dos socialistas galegos, avanzou a próxima creación dunha fundación coa que o PSdeG porá “as mellores ideas ao servizo do país”, para reverter a situación dunha Galicia que –dixo- “vai a peor”. “E preocúpanos”, afondou.   

Gonzalo Caballero observou que o goberno autonómico carece de “rumbo” e de “estratexia política ou económica” e, fronte a iso, situou entre as súas “prioridades” que a recuperación económica “chegue á cidadanía.   

E, tras constatar que Galicia “ten perdido peso político” no mapa estatal, advertiu de que “non podemos permitir que as eivas do Estado das Autonomías” deriven “nunha tendencia recentralizadora”. Galicia, proseguiu, necesita do seu autogoberno para “dar calidade de vida á cidadanía dun xeito solidario e leal”.   

O secretario xeral, que foi presentado polo alcalde de Vigo como “un gran político”, fiou un discurso “galeguista”, “comprometido coa terra” pero “aberto á complexidade do mundo”, “internacionalista” no que atinxe a calquera “dificultade ou inxustiza”, “ecoloxista” e “feminista”. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias