El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | BNG

O BNG arranca a preparación das eleccións locais

25-01-2018 18:33:33

O BNG arranca a preparación das eleccións municipais cunha xornada de traballo que reunirá en Santiago a 300 concelleiros e concelleiras para empezar a poñer en común a estratexia a desenvolver de cara aos comicios locais e abordar a transmisión pública do discurso político, partindo da posta en valor dos gobernos municipais nacionalistas. 

A xornada contará coa participación e intervención da portavoz nacional, Ana Pontón, e coas aportacións do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Cesar Mosquera, da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do secretario de Comunicación, Xavier Campos. 

Este cumio de concelleiros e concelleiras prodúcese despois de que o Consello Nacional aprobase na súa reunión do pasado sábado o regulamento para a elaboración das candidaturas por parte da militancia a través das asembleas locais, e dese luz verde tamén á elaboración dos programas, con propostas específicas para as grandes cidades. 

O BNG enfronta os comicios locais con optimismo e desde o aval dos proxectos sólidos e de éxito desenvolvidos polos concellos nacionalistas que teñen demostrado a capacidade de transformación en beneficio da maioría social, convertidos en referentes de políticas de benestar, de calidade de vida, rexeneración urbana e de dinamismo económico e social. 

Neste sentido, os concellos BNG son “marca de calidade”, en definición da portavoz nacional, e os seus gobernos municipais demostran que teñen alternativas a cuestións como a mobilidade nas urbes, para o comercio de proximidade, para abaratar o recibo da luz, coidar o patrimonio, promover a lingua e a cultura do país, para facer unha xestión ambiental sostible e capaces de construír modelos urbanos de proxección internacional. 

As eleccións municipais serán prioridade do BNG que afronta estes comicios como unha oportunidade para avanzar na representación en todo o país, coa ollada posta nas grandes cidades, e desde a perspectiva de que estes comicios lsexan o primeiro paso para abrir un “tempo novo” en Galiza. O cumio de concelleiros e concelleiras arrancará as 11.00 horas no Hotel Castro en Santiago de Compostela. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias