El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Bayardo Quinto Núñez
Sociedad

UNIVERSIDADE

Un artigo de investigación da UDC sobre turismo, premiado pola AECIT

25-01-2018 18:41:37
Rubén Lado Sestayo.

Un artigo de investigación en turismo do investigador da Universidade da Coruña, Rubén Lado Sestayo -en colaboración con Luis Otero González e Milagros Vivel Búa, ambos da Universidade de Santiago de Compostela, e Onofre Martorell Cunill, da Universitat de les Illes Balears- acaba de obter o Premio ao Mellor Artigo de Investigación en Turismo que entrega a Asociación Española de Expertos Científicos en Turismo (AECIT). 

O artigo "Impact of location on profitability in the Spanish hotel sector" publicouse na revista Tourism Management en febreiro de 2016. O xurado valorou o interese da investigación e a súa contribución para o turismo.

O traballo analiza a relación do rendemento con características do destino turístico, da empresa hoteleira e o tempo. Trátase dunha análise multinivel cun potencial altísimo de contribución a nivel académico. Así mesmo, este artigo presenta implicacións para a xestión hoteleira. A mostra traballada son 8.992 hoteis nun período suficientemente significativo de tempo (2005-2011).

Respecto á calidade do traballo, a pesar de que se publicou en 2016 e, polo tanto, leva a penas un ano dispoñible, ten xa sete citas na base principal da Web of Science. Isto colócao a tan só unha cita de situarse no 1% de traballos máis citados do ano 2016 na área de Economics & Business, de acordo con InCites Essential Science Indicators. Este indicador reflicte a actualidade do tema e a súa importancia para a investigación de primeiro nivel internacional. 

De feito, actualmente, atópase entre o 1% e o 10% de traballos máis citados, postulándose como un dos principais traballos con potencialidade internacional de impacto científico. 

Pola súa banda, a revista en que se publicou, Tourism Management, está incluída en Web of Science, dentro de Social Sciences Citation Index (SCCI) e no Journal Citation Report (JCR), onde ten un factor de impacto de 4.707 no 2016, ano en que se publicou o artigo premiado. Ademais, ocupa o primeiro decil na súa principal categoría, estando indexada en “Management”, “Environmental studies”, e “Hospitality, leisure, sport & tourism”.

Rubén Lado Sestayo é profesor na Facultade de Economía e Empresa, do departamento de Empresa e da área de coñecemento de Economía financeira e contabilidade. É membro do Grupo de investigación en regulación, economía e finanzas (GREFIN) da Universidade da Coruña e colaborador externo do Grupo de investigación Valoración Financeira Aplicada (VALFINAP) da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación abranguen a economía do turismo, xestión financeira e o fracaso empresarial. Máis información





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias