El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | ENSINO

A CIG-Ensino reclama recuperar a Filosofía como materia troncal no Bacharelato

26-01-2018 15:38:44

Con data 24 de xaneiro o sindicato rexistrou un escrito dirixido ao conselleiro de Educación instándoo a negociar a modificación do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, que regula o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato en Galiza para incluír a obrigatoriedade da Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato. 

Após a entrada en vigor da LOMCE -que lle retirou o status de materia troncal en todos os itinerarios do Bacharelato á Filosofía e das múltiples protestas da comunidade educativa, nomeadamente do profesorado desta especialidade e das familias-, o pasado 18 de outubro o Pleno do Parlamento galego aprobou por unanimidade unha Proposición non de Lei (PNL) de iniciativa popular para recuperar a obrigatoriedade de cursar Historia da Filosofía en 2º de Bacharelato. 

A día de hoxe, a Consellaría de Educación non lle comunicou á CIG-Ensino ningunha proposta conducente a aplicar a este acordo, malia que en breve ten que coñecerse a oferta educativa do vindeiro curso para facilitar a matrícula e a confección de horarios nos distintos centros educativos. Tendo en conta a premura das datas nas que nos atopamos, esta semana rexistramos un escrito dirixido ao conselleiro no que solicitamos que se negocie na Mesa Sectorial a modificación do Real Decreto que regula o currículo do Bacharelato para evitar crear confusión e incerteza tanto no persoal docente de Filosofía, como no do resto de materias que tamén se vería afectado polo cambio de horario, nos equipos directivos, que precisan organizar o curso escolar 2019/2019, e no propio alumnado que está nestes intres cursando 1º de Bacharelato. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias