El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

POLÍTICA | PPdeG

O PPdeG reunirá a máis de 500 docentes

26-01-2018 16:12:37
Miguel Tellado.

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, visitou a montaxe da Convención Nacional de Educación que o PPdeG celebrará este sábado na Cidade da Cultura e onde reunirán a máis de 500 profesionais da ensinanza. Segundo sinalou, o obxectivo é moi claro: “valorar aos docentes como a peza fundamental que son do noso sistema educativo” porque “eles son os artífices de boa parte dos éxitos recentes”. 

O acto, contará coa presenza do ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, do vicesecretario nacional de Política Social e Sectorial do PP, Javier Maroto, da secretaria nacional de Educación do partido, Sandra Moneo, así como do conselleiro, Román Rodríguez, e do presidente Núñez Feijóo, e numerosos profesionais do sector. 

Trala súa visita, na que estivo acompañado polo presidente da comisión sectorial de Educación do PPdeG, Jesús M. Álvarez Bértolo; Tellado lembrou que, nos últimos anos, malia as dificultades que sufriu Galicia, conseguiuse mellorar posicións nos ránkings internacionais como o PISA, reduciuse notablemente as taxas de abandono escolar, mellorouse a nosa Formación Profesional, apostouse fortemente polo plurilingüismo e avanzouse na inclusión e a igualdade de oportunidades. “O sistema educativo galego é hoxe un proxecto colectivo, e en consecuencia, un proxecto aberto e participativo”, engadiu. 

 O número dous do PPdeG tamén apuntou que o compromiso dos populares é seguir sumando todas as ideas que revertan na creación dun modelo plural, colaborativo, innovador e de vangarda, algo para o que queren contar, “como non podía ser doutro xeito”, con todos os profesionais do sector.


Amplo sistema de apoio ás familias

Cómpre salientar que, en Galicia, a Xunta mantén un amplo e equitativo sistema de apoio ás familias para acompañalas no inicio de curso. Este dispositivo baséase en tres piares fundamentais, cuxa inversión total ascende a 12,4 millóns de euros: o transporte escolar, totalmente gratuíto; o comedor escolar, baseado na renda familiar; e os libros de texto, cun modelo de gratuidade solidaria. 

Tal e como reflicten os datos, somos a Comunidade Autónoma con maior número de alumnos de Educación Primaria e ESO con transporte. Así mesmo, o Goberno autonómico xestiona 434 comedores –somos a terceira rexión en ofertar un maior número de centros con este servizo-, que contan con más de 60.000 usuarios, dos cales, arredor dun 86,64% utilízano totalmente gratis ou pagando tan só un euro.   

Ademais, no curso 2017/18 concedéronse un total de 27.868 axudas á adquisición de libros de texto e 99.167 para a adquisición de material escolar; e o fondo solidario de libros de texto distribuíu un total de 636.308 manuais. Deste forma, a Xunta logrou chegar a 137.137 alumnos a través tanto das axudas como deste fondo. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias