El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

O destino Galicia preséntase en Irlanda a través da feira Holiday World Show

27-01-2018 11:53:39
Galicia, na feira Holiday World Show.

A oferta turística da Comunidade galega está presente esta fin de semana na XXVIII edición da feira Holiday World Show, a principal cita turística do ano en Irlanda.

Desde onte, Turismo de Galicia participa neste encontro comercial co fin de promover os recursos, produtos e servizos turísticos da Comunidade neste mercado emisor que cada ano é máis importante para o turismo galego. Así, a afinidade cultural que o público irlandés atopa en Galicia, así como o crecente interese polo Camiño de Santiago, a natureza e a enogastronomía, fan desta feira unha plataforma moi axeitada para divulgar os valores turísticos galegos neste mercado.


Demanda

Polo que respecta á demanda turística no ano 2017, foron algo máis de 50.000 os irlandeses que se aloxaron en establecementos hoteleiros galegos. Neste sentido, Irlanda representa o 3,4% do total internacional da Comunidade. É o sétimo mercado en orde de importancia por detrás dos cinco principais europeos –Portugal, Alemaña, Italia, Francia e Reino Unido- e de EE.UU.

Ao longo do ano 2017, este mercado emisor presentou un comportamento positivo en relación a 2016, superando nun 6,7% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 12,4% o volume de noites dos anteriores 12 meses. Canto ao Camiño de Santiago, o pasado ano, 6.647 peregrinos irlandeses realizaron a ruta xacobea, preto dun 2% máis que en 2016. Irlanda foi o sexto país estranxeiro que máis peregrinos achegou.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias