El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

SANTIAGO

O paleontólogo Juan Luis Arsuaga, no Ateneo de Santiago

31-01-2018 09:51:37
O paleontólogo Juan Luis Arsuaga.

Santiago.- O luns 5 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio de Abanca (Preguntoiro) de Compostela, o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia de Arsuaga, catedrático de paleontoloxía, titulada “Cantos anos vivían os nosos antepasados e de que morrían”.  

Este evento está organizado pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente do Ateneo e forma parte do ciclo de conferencias do X Aniversario “En clave de futuro – 10 anos do Ateneo de Santiago”, ao igual que o foi a conferencia de Ramsés Gallego sobre ciberseguridade, o pasado 15 de xaneiro.  

Juan Luis Arsuaga Ferreras é catedrático de Paleontoloxía da Universidade Complutense de Madrid, director do Centro UCM-ISCIII de Evolución e Comportamento Humanos, e forma parte da Academia de Ciencias de EE.UU. e da Real Academia de Doutores de España.. Tamén  codirixe as excavacións na Serra de Atapuerca (Burgos), Cova do Conde (Asturias) e Pinilla del Valle (Madrid) e é vicepresidente da comisión de Paleontoloxía Humana e Paleoecoloxía da INQUA (International Union for Quaternary Research).

Ademáis, é vicepresidente da Fundación Atapuerca e comisariou varias exposicións. Debido aos seus coñecementos, ten máis de 80 publicacións en revistas científicas incluidas no Journal of Citation Reports (JCR), como Nature, Science ou PNAS, e 9 libros de ensaio e divulgación científica. Departamento de comunicaciíon 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias