El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

O PSdeG apoia as reivindicacións dos traballadores de Xustiza de Galicia

31-01-2018 19:47:18
Patricia Vilán.

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, criticou hoxe a “soberbia, prepotencia e ineptitude” demostradas “tanto polo director xeral de Xustiza como polo propio conselleiro da Vicepresidencia, amparados baixo o paraugas de Feijóo” para negar unhas reivindicacións “xustas” que os socialistas levarán ao próximo Pleno nunha proposición non de Lei.

Os socialistas galegos amosaron o seu respaldo ás reivindicacións dos traballadores da Xustiza en Galicia, que hoxe levaron a súa protesta ata a sede da Consellería de Xustiza, e que obtiveron unha resposta por parte do goberno galego que “evidencia a falla absoluta da capacidade de diálogo” por parte do goberno galego.

Lamentou que o Executivo “careza de calquera tipo de habilidade para escoitar unhas demandas razoables e demostre unha vez tras outra que prefire opta polar confrontación”. Así o dixo logo de que o goberno galego decidira responder á folga prevista para febreiro suspendendo tódolos permisos laborais da plantilla da Administración de Xustiza en Galicia.

Lembra que estes traballadores e traballadoras enfrontan unha situación “límite” diante dunha “discriminación salarial” con relación ao resto do Estado. Subliñou que “o goberno non pode proclamar para a galería que os seus salarios non evolucionan como deberan pero despois, cando está na súa man atender ás reivindicacións, mirar para outro lado”. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias