El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA

A Xunta celebra o primeiro "Café Faladoiro" sobre o cambio climático

06-02-2018 19:14:34
Cruz Ferreira Costa participou no faladoiro.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, destacou hoxe a posta en marcha do primeiro Café Faladoiro, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que busca implicar ao conxunto da sociedade na procura de solucións e medidas que mitiguen os efectos do cambio climático no contexto actual.

A directora xeral agradeceu a participación de Xavier Labandeira, membro do IPCC para a elaboración do 5º Informe de avaliación sobre o cambio climático e catedrático de Economía na Universidade de Vigo, así ao do público asistente que abriron un debate e un espazo para o intercambio en torno a este fenómeno global. A directora sinalou que este foro non só serve para coñecer as inquedanzas da sociedade sobre esta materia, senón tamén que aportan nomes de persoas e propostas de referencia na loita contra o cambio climático.

Ferreira Costa indicou que esta iniciativa, que terá continuidade noutras datas e noutros escenarios, como o ámbito universitario, o tecido empresarial..., busca fomentar a participación da cidadanía en xeral, a través de actividades de divulgación en materia de cambio de cambio climático e sustentabilidade ambiental. Recordou que Santiago tamén acolleu en outubro do pasado ano o Climathon 2017, un encontro que por primeira vez se celebraba en Galicia e que se sumaba ás case 250 cidades de máis de 70 países, nos que se debatía simultaneamente durante unha xornada sobre como fenómeno impacta na actividade socioeconómica.

A directora xeral recordou que este ano marcará un antes e un despois en Galicia en materia de cambio climático, xa que se presentará o borrador da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, un documento ambicioso e multidisciplinar que marcará a folla de ruta nesta materia; e coa continuación dos traballos na Estratexia Galega de Sustentabiliade, coa que se definirá o camiño a seguir e marcará as pautas para a sociedade, os axentes produtivos e a propia Administración.

Lembrou que dita folla de ruta estará centrada en crear unha economía baixa en carbono, eficiente e sustentable e no uso dos recursos; na definición de medidas de adaptación aos efectos xa evidentes do cambio climático en Galicia, e na aplicación de medidas de concienciación e sensibilización da poboación para conseguir a implicación de todos na loita contra este fenómeno. No ámbito da sustentabilidade ambiental tamén se presentarán ao longo de 2018 as liñas de actuación. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias