El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Terremoto de magnitude 3 en Oleiros

07-02-2018 18:44:26

O Instituto Geográfico Nacional (IGN) notificou hoxe a través da súa rede de control sísmico un terremoto de magnitude tres no municipio de Oleiros, entre as localidades de Mera e Lorbé. O sismo rexistrouse ás 16.06 horas e tivo o seu epicentro a 11 quilómetros de profundidade.

Foi sentido tamén na Coruña e en Miño, segundo relataron persoas como José Filgueiras, que notou tremer as ventás e a mesa da súa casa no lugar de Vilanova, no concello de Miño. Desde Montrove, Ana Pena conta que “foi un estrondo moi curto, de tres segundos máis ou menos. Parecía como unha bomba, e non era nin un avión nin un trono, pero vibraban as fiestras. Sentiuse moi forte”, relata. Desde Santa Cristina, Eloy Triñanes, outra das persoas que notou o sismo, relatou. “Estaba nunhas oficinas, nun soto, e non notei o tremor pero si un forte ruído. Pensei que era algo no garaxe, ou nas obras da rúa. Unha sensación extraña”, conclúe.

Nos últimos días rexistráronse en Galicia outros dous sismos de menor magnitude que o de Oleiros. O domingo houbo dous pequenos terremotos: un de magnitude 2,6 en Padrenda (Ourense), e outro de 2,3 na Pontenova{/strong} (Lugo). Información de GCiencia





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias