El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

A CORUÑA

Sanidade estudiará a viabilidade da construción do novo centro de saúde na parcela da Falperra

08-02-2018 20:39:31

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e representantes do Sergas coñeceron de primeira man a situación actual das propostas para dar cobertura sanitaria á zona de Federico Tapia. Foi o tema central dunha reunión mantida hoxe co alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e outros representantes municipais, e que tamén contou coa presencia do arquitecto Manuel Gallego Jorreto.

A Consellería de Sanidade insistiu ao Concello da Coruña que mellorar a asistencia sanitaria desta zona da cidade é prioritario para o departamento autonómico. Neste senso, Almuiña comprometeuse a estudar e revisar a oferta dunha parcela na Falperra cos técnicos do Servizo Galego de Saúde, e comunicar nun prazo breve de tempo a súa viabilidade. A dispoñibilidade da parcela que oferta o goberno local estaría suxeita á unha modificación do planeamento urbanístico.

O Sergas considera prioritario manter a poboación asignada aos profesionais do actual centro de saúde sen a reordenación dos actuais cupos para evitar desprazamentos innecesarios aos actuais usuarios.

Por outra banda, o Concello da Coruña recoñeceu as dificultades existentes para adaptar a estrutura do mercado de Santa Lucía ás necesidades asistenciais, en tanto que consideran que o mercado é un proxecto irrenunciable a nivel municipal. O devandito proxecto resulta así incompatible cos estándares de calidade que precisaría o edificio para a asistencia sanitaria.

O Sergas xa explicara anteriormente que a construción dun centro de saúde no Paseo das Pontes -cunha distancia aproximada dun km respecto ao actual- suporía que unha porcentaxe importante dos cidadáns asignados aos actuais cupos pasarían a ter máis próximos outros centros de saúde. Ademais a maioría da poboación usuaria do actual centro de Federico Tapia -o 57% dos usuarios- está localizada na zona da Falperra, cunha importante porcentaxe de persoas maiores que terían dificultades de accesibilidade.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias