El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA |UNIVERSIDADE

Julio Abalde, investido Doutor Honoris Causa pola Tbilisi State University

09-02-2018 15:44:14
Julio Abalde (i), reitor da Universidade da Coruña.

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, foi investido esta mañá, Doutor Honoris Causa pola Tbilisi State University (TSU), Xeorxia. Abalde agradeceu no seu discurso “a honra que, como reitor da UDC, supón recibir este nomeamento de Doutor Honoris Causa pola TSU”. “No meu nome e no da Universidade da Coruña quero expresar a miña gratitude polo recoñecemento que nos fai esta nobre institución de ensinanza e cultura no centenario da súa fundación”, engadiu. 

A concesión desta honra á UDC recoñece a “cooperación activa da Universidade da Coruña coa Ivane Javakhishvili Tbilisi State University (TSU) e a contribución a súa internacionalización”. A cooperación entre a TSU e a UDC comezou en 2013 coa firma dun convenio de colaboración que permitiu o intercambio de estudantes, profesorado e persoal de administración e servizos. Neste curso académico, trece estudantes da TSU realizan os seus estudos na Universidade da Coruña. Nos últimos anos, tamén estiveron na UDC unha decena de profesores, mentres que seis docentes e dous membros do persoal de administración coruñesa pasaron pola universidade de Xeorxia. 

No acto estaba tamén a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, quen xunto con outras autoridades académicas, foron recibidos no Palacio Presidencial, ademais de participar nos distintos eventos que con motivo do centenario da TSU se celebraron e no transcurso dos cales, o reitor Abalde asinou no Libro de honra da universidade. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias