El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Bayardo Quinto Núñez
Cartas al Director
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

115 persoas participarán de balde na Reserva da Biosfera dos Ancares

12-02-2018 12:04:14
Presentación das actividades.

Lugo.- O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou hoxe a nova programación de actividades gratuítas que organiza o Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao primeiro trimestre do 2018. 

Trátase de 6 novas actividades, nas que poderán participar 115 persoas dos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, totalmente de balde. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do vindeiro mércores 14, ás 12:00 horas, a través da páxina web ou no teléfono 982 227 812.  

Fernández Queipo subliñou que “neste primeiro trimestre do ano a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades”. Departamento de comunicación 


Programación das actividades


Becerreá: o Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá as seguintes actividades

.- Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores 7 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.

.- Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos. 


Cervantes:  o CPI de Cervantes acollerá as seguintes actividades

.- Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores 28 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas, e mércores 7 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.

.- Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores 14 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.   

Navia de Suarna: a Escola de Barcia acollerá as seguintes actividades

.- Obradoiro de herbas máxicas para a fabricación de ungüentos. Mércores, 21 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.

.- Obradoiro de arxila para nenos. Venres30 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 15 prazas para nenos.   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias