A Coruña.- A
Universidade da Coruña organiza, por cuarto ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia, coordinada
polo profesor José Antonio Becerra Permuy, o vindeiro sábado 17 de febreiro, no
Auditorio Municipal de Ferrol, entre as 09.00 e as 14.30 horas. Nesta edición
participan un total de 26 equipos e preto de 200 mozos e mozas de Galicia e
Asturias.
O profesor
Becerra presentou hoxe a FLL Galicia xunto coa
vricerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, a
concelleira de Mocidade, Saínza Ruíz, o deputado provincial e alcalde de
Ortigueira, Juan Penabad, así como o director do Campus Industrial, Ginés
Nicolás, e os directores das escolas politécnicas de Ferrol, Armando Yáñez e Andrés
Piñón, e representantes de entidades e empresas parocinadoras.
Colaboran Santander
Universidades, o Concello de Ferrol e mais a Deputación Provincial da Coruña.
Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Colexio de Enxeñeiros Industriais,
GADIS, R, Error Ferrol!, PuntoGal, Neodyn, TodoOcio e Lidl.
Ao remate da
FIRST LEGO League Galicia no
Auditorio, está previsto que os participantes visiten o Campus de Ferrol e algúns
dos seus laboratorios, nunha xornada de portas abertas. Máis información