El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

A CORUÑA

Afundación presenta unha mostra retrospectiva da obra de Jorge Castillo

14-02-2018 14:41:30

A Coruña.- Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta a exposición, en colaboración co Museo de Pontevedra, «Jorge Castillo. A visión dunha obra», un percorrido pola obra do artista pontevedrés desde 1952 ata 2017. A Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8) será a anfitrioa deste proxecto expositivo que se abrirá ao público o próximo 20 de febreiro e se poderá visitar ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 17.00 a 21.00 horas e os sábados e festivos de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 h. 

A través de case cincuenta obras, entre pinturas e debuxos, o espectador poderá internarse no enigmático e rico mundo artístico de Jorge Castillo. Figuras illadas ou en grupo, naturezas mortas, paisaxes urbanos, plantas, animais ou obxectos enmarcados en escenarios onde o tempo parece que se detivo habitan as súas obras amosando ao espectador a particular visión de Castillo, enormemente influenciada por todos os lugares que coñeceu ao longo da súa vida motivado pola súa incansable busca estética, coma Buenos Aires, Xerusalén, Nova York, Berlín, Eivissa, París ou Xenebra. 

Esta mostra é, en definitiva, unha viaxe por cada etapa de Castillo, un dos artistas máis internacionais e influentes da arte europea da segunda metade do século XX. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias