El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

GALICIA | UNIVERSIDADE

Unha catedrática e unha profesora titular toman posesión das súas prazas

14-02-2018 15:17:25
Toma de posesión da catedrática e profesora.

A Coruña.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, presidiu esta mañá, na Reitoría, o acto de toma de posesión de Isabel Sofía Moskowich-Spiegel Fandiño como Catedrática de Universidade e de Luz María Puente Aba, como profesora Titular. 

Isabel Sofía Moskowich-Spiegel Fandiño tomou posesión da praza de Catedrática de Universidade da área de coñecemento de Filoloxía Inglesa, do departamento de Letras. Luz María Puente Aba tomou posesión da praza de profesora Titular de Universidade da área de coñecemento de Dereito Penal, do departamento de Dereito Público. 

As dúas profesoras manifestaron a súa satisfacción a nivel persoal e institucional polo que estas tomas de posesión implican no avance dunha política de persoal expansiva. O reitor destacou que o recoñecemento é exclusivamente en base aos méritos propios polo que trasladou a felicitación a cada unha das profesoras. Manifestou tamén que se tardará aínda un tempo en recuperar o ritmo habitual das tomas de posesión de antes da existencia da taxa de reposición. Abalde declarou ademais a súa satisfacción pola incorporación dunha nova catedrática ao plantel da UDC que, con esta nova incorporación ronda o 20% de mulleres catedráticas. Departamento de comunicación    





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias