El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Aberto o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán

14-02-2018 17:04:24
Rutas fluviais en catamarán.

Lugo.- O Goberno da Deputación abriu hoxe o prazo de reservas para as rutas fluviais en catamarán na Ribeira Sacra, que comezarán a funcionar o sábado 24 de marzo, a fin de semana previa á Semana Santa. Así o informou o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, quen indicou que “os interesados en gozar dalgunha das rutas fluviais da Deputación poden facer a súa reserva a través da Central de Reservas, na que poderán gardar ou comprar os billetes; así como solicitar todo tipo de información”.   

Pódese facer online as 24 horas ou ben de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas no teléfono 982 260 196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org. No Pazo de San Marcos, concretamente na primeira planta onde se atopa o departamento de Turismo, profesionais da Deputación tamén atenden persoalmente a todos os interesados.   

Vidal Baamonde lembrou que “dende que o actual Goberno da Deputación asumiu a xestión das rutas fluviais, o número de viaxeiros aumentou nun 30%, superando os 53.250 o pasado ano. Todo isto, tras as melloras levadas a cabo como a renovación dunha Central de Reservas que funciona as 24 horas, a apertura dunha oficina de turismo en Doade con profesionais que informar sobre a riqueza da Ribeira Sacra ou a mellora das propias embarcacións, entre outras”.


Horarios e tarifas das rutas fluviais

O Goberno da Deputación abre hoxe o prazo para reservar as viaxes en catamarán polos ríos Miño e Sil. O horario do seu funcionamento é o que se apunta a continuación, a excepción da Semana Santa (dende o 24 de marzo ao 1 de abril) na que haberá rutas todos os días, unha ás 11.30 horas e outra ás 16.00 horas:

.- Doade: “Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina; de mércores a domingo, e días festivos, en horario de 11:30 e 16:00  horas.   


Tarifas  

.- Tarifa ordinaria billete individual: 9 euros 

.- Tarifa reducida billete individual (maiores de 65 anos, carné xoven, nenos entre 4 e 12 anos inclusive): 5 euros.

. - Nenos de 0 a 3 anos: 0 euros  (non obstante, cómpre reservar praza)


.- Belesar: “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, no Concello do Saviñao; os sábados, domingos e festivos que determine o servizo ás 11:30 e as 16:00  horas.

Tarifas 

.- Tarifa ordinaria billete individual: 9 euros

.- Tarifa reducida billete individual (maiores de 65 anos, carné xoven, nenos entre 4 e 12 anos inclusive): 5 euros

.-  Nenos de 0 a 3 anos: 0 euros  (non obstante, cómpre reservar praza).

En Doade, do 1 de xuño ao 30 de setembro, e en Belesar do 1 de xullo ao 30 de setembro, haberá viaxes todos os días, en horario de 11:30; 16:30 e 19:00 horas. Departamento de comunicación





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias