El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Jesús Antonio Fernández Olmedo
Nacional

GALICIA

Galicia aforrará ata 2022 45 millóns coa centralización da xestión dos contratos de enerxía

15-02-2018 17:43:15
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Administración autonómica prevé en 2022 un aforro estimado en 45 millóns de euros na factura enerxética dos centros públicos adheridos á Rede de Enerxía da Xunta de Galicia (Redexga), a través do desenvolvemento das contratacións centralizadas que se están a levar desde o ano 2013.

“Centralizamos a contratación da electricidade, a contratación do gas natural, a contratación do gasóleo C e o consumo enerxético de Sogama. E, onde antes había contratacións completamente difuminadas, agora hai contratacións unificadas para os 2.077 centros que están adheridos á Redexga”, aseverou, incidindo en que este novo xeito de xestionar os contratos de enerxía superaron as expectativas.

Nesta liña, precisou que o próximo mes de marzo entrará en vigor o novo contrato de gas natural, con 126 centros adheridos e que permitirá sumar 1,86 millóns de euros de aforro máis, que se engaden aos 7 millóns xa aforrados entre 2015 e 2017.

Logo de subliñar que os contratos xa completados de electricidade e de gas natural permitiron acadar ata agora un aforro de 23 millóns de euros, o responsable do Goberno galego explicou que a esta cantidade hai que engadir outros 22 millóns máis correspondentes ao aforro estimado para o ano 2022 a través de tres contratos que xa están en marcha: o novo contrato de electricidade, vixente desde finais do ano pasado; o de gasóleo C, desde 2016; o específico para Sogama, desde 2017; e o novo contrato de gas natural, que entrará en vigor a principios do próximo mes de marzo.

“Isto significa que desde 2013 e ata 2022 a Administración autonómica logrará aforrar en enerxía 45 millóns, unha cantidade equivalente a ampliar o hospital público da Mariña tres veces”, abundou.

Feijóo concluíu aseverando que o Goberno galego seguirá apostando pola racionalización enerxética, coa previsión de que formen parte da Redexga as Universidades de Santiago e Vigo. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias