El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Nacional

GALICIA | POLÍTICA

Pontón pide a Xunta que se sente a negociar coa xustiza galega

15-02-2018 18:18:11
Ana Pontón, en Lugo.

Lugo.- Na súa visita a cidade de Lugo, a portavoz nacionalista Ana Pontón mantivo un encontro  cos  representantes dos traballadores e traballadoras da Xustiza concentrados nos xulgados aos que trasladou o apoio do BNG e lembrou que  a folga indefinida que manteñen dende hai máis dunha semana, é a primeira “folga indefinida na xustiza galega”. 

Pontón pediu á Xunta que “descabalgue da  soberbia” coa que está levando este conflito e se sente na mesa a negociar. A única mediación posible debe ser a través do Consello Galego  de Relacións Laborais, dixo, porque está claro  que a Xunta de Galiza está enfrontando o problema dende “a prepotencia” e non dende a busqueda de solucións para que os traballadores e traballadoras da xustiza galega non sigan discriminados a respecto dos funcionarios do resto do  Estado. Ademais, dixo,  é   preciso reforzar os medios da xustiza. Máis de tres mil xuízos suspendidos e unha folga indefinida fan necesaria “unha negociación real” polo que volveu a pedir á Xunta que “escoite e negocie” unha solución a conflito que afecta a miles de cidadáns no noso país. A Xunta debe abandonar a súa “soberbia e prepotencia”, reiterou. 

Pontón tamén lembrou que  Lugo, é  un partido xudicial que leva máis de 10 anos sen constituír ningún novo órgano, e  perdeuse un importante número de traballadores e traballadoras da xustiza polo que resulta urxente, “tomar  medidas urxentes para dotalo de recursos”. Departamento de comunicación   





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias