Lugo.- A
Fundación TIC da Deputación emitirá en directo o XI Campionato Internacional de
Baristas de Escolas de Hostalería de Foz, o VI Campionato Internacional de
Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VI Campionato Internacional de
Baristas Profesionais, que se celebran do 21 ao 23 de febreiro. Alumnos da
Escola de Imaxe e Son serán os encargado do streaming, que poderá verse a
través de Facebook e YouTube.
O patrón da TIC e Deputado de Relacións
Institucionais, Álvaro Santos, acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás
Asensio, e o coordinador das competicións, Xosé Ríos, presentou hoxe a
nova colaboración nun acto no que un alumno de hostalería do centro focense preparou
unha degustación de cafés.
Santos
Ramos dixo que “celebramos dez anos de frutífera colaboración, que vai máis aló
do ámbito formativo, xa que grazas a esta emisión, a TIC dá proxección nacional
e internacional tanto ao Concello de Foz como ás competicións. Debemos ter en
conta que este ano participan 18 Escolas de Hostalería de Galicia, Cantabria,
País Vasco, Castela e León e, por primeira vez, unha Escola de París. A isto
hai que engadirlle o campionato de profesionais, con 12 participantes, que suscita
gran interese no sector.
Unha
colaboración que vai a máis
Segundo
o responsable provincial “a colaboración vai a máis cada edición. Hai dez anos
ía só algún alumno da EIS gravar unha xornada. Neste 2018 desprazaranse a Foz
todos os estudantes de segundo de realización que, baixo a supervisión dun
docente, serán os encargados da emisión por streaming das tres xornadas. Isto
supón unha gran oportunidade para que o alumnado da nosa Escola poña en
práctica os seus coñecementos e adapte a súa formación á demanda dun sector en
continuo cambio”.
O
streaming realizarase con cinco cámaras, e os alumnos rotarán por todos os
postos: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de
realización e realización. Ademais, este ano, como novidade, os estudantes
tamén editarán, in situ, cada unha
das probas por separado para compartilas inmediatamente nas redes.
“Este
é, por tanto, un exemplo do noso modelo educativo, baseado nas prácticas en
escenarios reais. O streaming obrigará aos nosos alumnos a vivir o estres do
directo e a enfrontarse aos problemas que sempre xorden nunha emisión destas
características. Tamén deberán ser rápidos coa edición dos vídeos das probas. É
dicir, terán que afrontar as mesmas situacións que atoparán cando accedan ao
mercado laboral”, apuntou o Deputado de Relacións Institucionais.
Apoio
á economía local
Santos
Ramos dixo que “con esta colaboración cumprimos con outro obxectivo da TIC, a
promoción da provincia. Neste caso concreto contribuímos a poñer a Foz no mapa
internacional dos baristas e a dar a coñecer o Concello focense e toda Mariña. Ademais, coa emisión en directo
apoiamos ás empresas colaboradoras ou, o que é o mesmo, servimos de canle de
promoción de empresas locais que dan traballo aos lucenses e xeran riqueza na
provincia”.
O
patrón afirmou que “nesta mesma liña vai o labor que está a realizar a TIC a
través da Lugo FilmCommission. Neste caso, traballa para que Lugo sexa un lugar
atractivo para que as produtoras, grandes e pequenas, elixan a nosa provincia
como plató de rodaxe. Son iniciativas que forman parte dunha das principais
liñas de actuación da Deputación: loitar contra o despoboamento e fixar
poboación no rural”.
Tres
xornadas de competición
O
mércores 21, a xornada arranca ás 17.00 horas co XI Campionato
Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e ás 17.30 co VI Campionato
de Cata de Cafés; ás 20.30 haberá demostración de tiraxe de cervexa dun
grandambassador de Mahou.
O
xoves, de 9:30 a 14:00 h. será a segunda e última xornada do campionato de
Baristas das Escolas participantes e a entrega de premios e e diplomas de
participación. E, por último, o venres celébrase o campionato de profesionais a
partir das 9:30. Ás 14:00 Juanjo Barquilla e Víctor Couto impartirán unha charla
titulada “A infusión, a ovella negra da hostalería”, e ás 14:30 será a clausura coa entrega de trofeos. O
xoves e o venres, de 9:30 a 13:30, na cafetería da Escola haberá degustación
gratuíta de café para todos os que se acheguen ao centro. Departamento de comunicación