A Coruña.- O
vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da
Universidade da Coruña, Salvador Naya, participa esta semana no XXI Congreso
Internacional de Educación Superior “Universidad 2018” en La Habana, Cuba, que
nesta edición leva como lema “A universidade e a axenda 2030 para o
desenvolvemento sustentable”.
O
vicerreitor foi convidado a participar coa ponencia “Transferencia de
Tecnoloxía Universidade-Empresa no contexto da industria 4.0”, na que contou casos de
éxito de transferencia tecnolóxica que se están levando a cabo desde a UDC con
empresas do contorno como Inditex ou Navantia. Naya explicou que “no caso da
multinacional Inditex estase potenciando a captación de talento mediante un
programa propio, InTalent, que está dando excelentes resultados de retorno de
investigadores”. “A colaboración co estaleiro público Navantia céntrase nunha
unidade mixta de investigación, UMI, chamada “Estaleiro 4.0: o estaleiro do
futuro” na que se están realizando diversas accións relacionadas coa industrial
4.0 no sector da construción naval”, engadiu o vicerreitor.
Salvador
Naya explicou que hoxe en día a Universidade “debe xogar un papel dinamizador
no contorno en que exerce a súa principal misión de educar e investigar,
potenciando a chamada terceira misión, a de transferencia tecnolóxica á
sociedade”. Esta vía, declarou o vicerreitor “é clave nas universidades que
teñen vocación innovadora como a Universidade da Coruña”. Ao congreso asisten
preto de 2.500 delegados duns 70 países. Ademais, de impartir a ponencia, o
vicerreitor tivo a oportunidade de reunirse con diversas personalidades
académicas coa fin de establecer posibles alianzas universitarias. Departamento de comunicación