El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
Bayardo Quinto Núñez
Cartas al Director
José Manuel López García
Nacional

GALICIA

Galicia estará na conmemoración do décimo aniversario do pacto de alcaldes polo clima da UE

18-02-2018 11:20:23

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, representará a Galicia nos actos conmemorativos cos que a Unión Europea quere celebrar que o chamado Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía cumpre dez anos. O evento terá lugar en Bruxelas os días 21 e 22 de febreiro e todos os municipios e rexións que forman parte del están invitados a participar no acto.

Cómpre lembrar que o Pacto de Alcaldes é unha iniciativa que agrupa a autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar nos seus territorios os obxectivos climáticos e enerxéticos da Unión Europea.

Desde a súa posta en marcha no ano 2008, máis de 9.200 autoridades locais téñense sumado ao proxecto e traballan xuntas por alcanzar unha serie de obxectivos comúns en materia medioambiental. Segundo as estimacións do propio grupo, no ano 2020 os municipios que o integran terán reducido as súas emisións de CO2 un promedio dun 27% e o consumo de enerxía nun 20%, e verán incrementada a súa produción enerxética nun 90%.

O encontro da próxima semana en Bruxelas servirá, ademais, para facer balance dos logros alcanzados en materia medioambiental nestes dez anos de Pacto dos Alcaldes, e discutir sobre os desafíos comúns que teñen por diante os seus membros en materia de investimentos por realizar, cooperación multinivel e mobilidade. Tamén será unha ocasión para poder reunirse co recentemente creado Consello Político do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía da UE.

Así mesmo, a conselleira de Medio Ambiente aproveitará a súa presenza en Bruxelas para manter dúas reunións de traballo co comisario europeo de Acción polo Clima e Enerxía, Miguel Arias Cañete, e co director xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Daniel Calleja.


A Xunta, coordinadora do Pacto

Desde o pasado mes de decembro, a Xunta de Galicia está acreditada pola Unión Europea como coordinadora do Pacto de Alcaldes polo Clima e a Enerxía na comunidade autónoma, asumindo así un papel de apoio aos concellos e poñendo á súa disposición os seus coñecementos do marco regulador, lexislativo e económico en materia de loita contra o cambio climático.

Para canalizar todo este traballo de asesoramento, a Xunta traballa xa na posta en marcha da oficina para a promoción e coordinación da participación dos concellos no Pacto de Alcaldes co obxectivo de que a finais do ano 2020, os 313 municipios de Galicia estean adheridos xa a esta iniciativa.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias