Pontevedra.- A
presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe, no
Concello de Pontevedra, o “Encontro de Mulleres Columnistas: as mulleres que
opinan son perigosas” xunto a Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de
Pontevedra; Digna Rivas, deputada provincial; Carmen Fouces, concelleira de
Igualdade; Susana Pedreira, xornalista e organizadora do evento, e María
Varela, xornalista e columnista participante nas xornadas.O encontro será un
foro que reuniráa mulleres columnistasde diferentes
xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e da escritura que, a
través de relatorios individuais, entrevistas e coloquios, reflexionarán o 2 e
3 de marzo sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.
Durante
a presentación do evento que acollerá Pontevedra a comezos do vindeiro mes, a
presidenta da Deputación de Pontevedra resaltou que “na sociedade a muller
sempre está infrarrepresentada e no caso do xornalismo os datos son
escandalosos, xa que o 64% das persoas coa carreira de xornalismo son mulleres
e, sen embargo, é un sector dirixido maioritariamente por homes, de feito o 89%
dos postos de dirección dos medios do noso país está ocupado por homes. Está
claro que algo falla”. Carmela Silva tamén citou un informe da Asociación de
Prensa de Madrid para sinalar que “no 2015 as mulleres ocupaban só o 10,9% dos
cargos de dirección en medios impresos de España, o 7,8% en radio e televisión,
e apenas o 3,9% en medios dixitais".
A
presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que “o Encontro de Mulleres Columnistas: as mulleres que opinan son perigosas
servirá para reivindicar o papel das mulleres xornalistas que levan anos
intentando derribar un teito que non é de cristal, é de cemento armado”. Máis
polo miúdo, Carmela Silva engadiu que “está demostrado que as mulleres non
ocupan os espazos que lle corresponden nos medios como tamén está demostrado
que cobran menos que os homes; de feito, contabilízanse máis mulleres que homes
nos tramos salariais máis baixos, por debaixo dos 1.500 euros, e menos nos máis
altos, por enriba dos 2.000 euros".
Pola
súa banda, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, afirmou
sentirse encantado “de que a nosa cidade acolla unhas xornadas tan necesarias
que son unha resposta ao machismo existente nos medios de comunicación,
especialmente no que se refire ás mulleres que opinan, xa sexa na prensa como
na radio ou na televisión.” Ao fío desta iniciativa, Lores engadiu que “o
feminismo é unha liña básica de traballo tanto para o Concello de Pontevedra
como para a Deputación” e que espera que “este encontro sexa o principio dun
debate en profundidade".
Tamén
interveu a xornalista Susana Pedreira, organizadora do evento xunto a Diana
López Varela, quen contou como naceu a idea, explicando que “en verán, cando
saíu o cartel doCongreso Capital do Columnismo que ía acoller León formouse un
gran alboroto nas redes sociais polo feito de que todos os participantes eran
homes. Finalmente os organizadores rectificaron pero tan só invitaron a cinco
mulleres dos vinte cinco xornalistas que participaron no evento. En outubro,
cando tivo lugar o congreso, en Twitter foi “trendingtopic”
#HayMujeresColumnistas, tratando de crear un congreso paralelo que hoxe, en
Pontevedra, podemos facer realidade".
Para
denunciar a situación actual nos medios de comunicación, durante a rolda de
prensa de presentación, Susana Pedreira fixo un repaso da prensa diaria
relatando que “no Diario de Pontevedra, dos seis artigos de opinión tan só
había unha muller, na Voz de Galicia, de dez, soamente unha muller; no Faro de
Vigo, de dez tamén só unha, e no País, de 12 artigos de opinión, cinco estaban
escritos por mulleres".
Malia
os datos ofrecidos por Susana Pedreira, que amosan fielmente a realidade, si
que hai en España importantes columnistas mulleres, tal e como se vai amosar en
Pontevedra con este encontro no que participarán 13 columnistas de relevancia
que entre todas suman medio millón de seguidores en Twitter. As xornalistas
participantes no “Encontro de Mulleres Columnistas: as mulleres que opinan son
perigosas” serán: Rosa Montero, Ana Pardo de Vera, Elisa Beni, Lucía Taboada,
Marta GaríaAller, Celia Blanco, Ana Isabel BernalTriviño, AnitaBotwin,
FernandaTabarés, Inma López Silva, María Varela, EmmaGascó e Diana López
Varela.
A entrada
para todas as charlas do encontro será libre ata completar aforo pero aquelas
persoas interesadas en garantise unha butaca poderán facer a súa reserva a
través da web da Deputación de Pontevedra. Departamento de comunicación