El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Sociedad

Remedios Cervantes actuará sobre as táboas de Ourense, A Coruña e Ferrol

29-03-2007

Remedios Cervantes e Carmen de la Maza actuarán a partir do 11 de abril sobre as táboas de Ourense, A Coruña e Ferrol, coa obra "Buenas noches, madre". O texto, escrito por Marsha Norman en 1981, recibiu numerosos premios, entre eles, o Pulitzer. Dirixida por Gerardo Malla, a peza trata das relacións entre nai e filla, a través da historia de Jessy, enferma de epilepsia e con sentimento de culpabilidade, e a súa nai, que tralo divorcio, se sinte frustrada ao non acadar a independencia. O mércores 11 de abril, o Teatro Principal de Ourense acollerá a primeira representación en Galicia da obra, mentres que os días 12 e 13 se trasladará ao Teatro Colón da Coruña. "Buenas noches, madre" finaliza a súa xira galega o sábado 14 de abril no Teatro Jofre de Ferrol.





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias