El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Más noticias

Feijóo anima aos concellos a colaborar en proxectos turísticos

22-02-2018 23:34:52
Núñez Feijóo, presidente da Xunta.

O presidente do Goberno galego, Núñez Feijóo, animou hoxe aos concellos a colaborar en proxectos turísticos que impulsen o embelecemento de Galicia, da súa paisaxe e do seu patrimonio. “A protección e o embelecemento de Galicia é unha tarefa colectiva, que transcende a unha ou outra administración. Convoca a todos os representantes públicos e a todos os cidadáns”, aseverou, garantindo o compromiso da Xunta para acompañalos nese camiño.

Durante a entrega de galardóns da I edición dos Premios Galicia Parabéns, Feijóo precisou deste xeito que o 40% dos recursos que se destinarán ata 2020 ao turismo irán dirixidos ao noso patrimonio e á nosa paisaxe, un recurso turístico de primeira magnitude.

Nesta mesma liña, salientou que a Xunta fixo nos últimos anos un grande esforzo por dotar Galicia de instrumentos normativos que permitan un desenvolvemento sustentable e racional encamiñado a preservar a riqueza natural e paisaxística, como: o Plan do litoral, as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei do solo ou a Guía de cores.

Cunha Galicia decidida a coidar a paisaxe e a protexer o seu patrimonio, resaltou que, con ese obxectivo, xurdiron os Premios Galicia Parabéns. Así, trasladou o recoñecemento aos galardoados: ao Concello de Boqueixón, polo seu esforzo na mellora do Pico Sacro, un fito clave no relato xacobeo, e o compromiso de levar a cabo novas actuacións como o reacondicionamento do centro de interpretación do Pico Sacro. E ao Concello de Portomarín, polo seu proxecto para reordenar o Parque Agustín do Río. 


Consolidación do comportamento positivo do sector

O responsable do Executivo autonómico concluíu avaliando os últimos datos de afluencia turística, que confirman a consolidación do comportamento positivo. Non en van, despois dun 2017 histórico, no que se superaron os cinco millóns de visitantes por primeira vez, no 2018 segue nunha senda positiva: cunha suba do número de viaxeiros, un 1,4% respecto a xaneiro do pasado ano; cunha suba do volume de noites que se quedan na nosa terra, un 5,4% máis; e coa mellora da estadía medía, un 4%; e o crecemento do turismo internacional, un 9,3%. 





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias