El Confidencial
radiolider Buscador de noticias buscar en google
José Manuel López García
Ernesto González Valdés
Bayardo Quinto Núñez
Más noticias

DEPUTACIÓN DE LUGO

Últimos días para participar nos Premios Son Muller 2018

26-02-2018 17:09:54
Premios Son Muller 2018.

Lugo.- Últimos días para participar nos Premios Son Muller 2018 que organiza AELU (Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo), coa colaboración da Deputación e Concello de Lugo, que achegan 4.600 euros, converténdose nas principais patrocinadoras. Fano dentro da súa aposta conxunta por poñer en valor o traballo que desenvolven todas as mulleres empresarias e emprendedoras da provincia. Esta I edición ten como fin promover e potenciar a participación da muller no entorno económico e social lucense.Está destinado a emprendedoras e empresarias lucenses, que teñan o seu domicilio social e fiscal como empresa na provincia, que estean dadas de alta como autónomas ou sexan parte dunha sociedade empresarial, así como que cumpran coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.   

As empresarias e emprendedoras lucenses interesadas en participar nos Premios Son Muller poden inscribirse en www.empresariaslugo.org ata o 1 de marzo. Toda as bases e información sobre o certame atoparanse en dita páxina web e no 982 22 69 91.   


Tres categorías 

Os Premios Son Muller organizados pola Asociación de mulleres empresarias da provincia de Lugo, coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo, contarán con 3 categorías:

. - Empresaria rural: proxectos de mulleres en Concellos rurais baseados en actividades agrarias e complementarias, agroalimentarias, turísticas, industriais, así como, actividades ou actuacións que recoñeza a súa labor no medio rural. Neste premio valorarase a experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación, así como o proxecto empresarial que fomente o empoderamento do rural galego.

.- Empresaria: con actividade dende hai máis de 42 meses dentro do sector rural. Valoráranse positivamente os currículos con ampla experiencia empresarial, os plans de conciliación de vida persoal e profesional, a creación de emprego feminino, o fomento da igualdade, a creatividade e innovación do mesmo.

.- Emprendedora: proxectos empresariais non superiores aos 42 meses.Teranse en conta con espírito emprendedor, a creatividade e innovación, o grado de definición do produto ou servizo, a creación de emprego feminino, así como a orixinalidade no sector.   


Premios dun total de 3.00 euros 

 O certame contará cun xurado formado por representantes de AELU e personalidades de recoñecido prestixio, pertencentes a distintos ámbitos das administracións, empresas e sociedades lucenses. O xurado será responsable de seleccionar as candidaturas ganadoras. Os premios son:

. - 1º Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora: 1.000 euros, máis un ano de cota gratuíta como asociada da asociación e un xogo de Matrioskiñas galegas, elaborado por artesás lucenses.

. - 2º Son Empresaria Rural, Son Empresaria e Son Emprendedora: un ano de cota gratuíta como asociada da asociación e un xogo de Matrioskiñas galegas.   

A entrega de premios ás gañadoras desta I edición dos premios que organiza AELU coa colaboración da Deputación e o Concello de Lugo, terá lugar nun acto, o 8 de marzo, ás 20:30 horas no Vello Cárcere, no que se realizará un recoñecemento especial á longa traxectoria empresarial e profesional dunha muller referente na provincia de Lugo. Departamento de comunicación  





www.galiciadiario.com no se hará responsable de los comentarios de los lectores. Nuestro editor los revisará para evitar insultos u opiniones ofensivas. Gracias